Este curso o noso colexio entrou a formar parte dos centros ER de Galicia. Esta iniciativa da Fundación Botín e a Xunta de Galicia trata de mellorar as relacións entre o alumnado e axudar aos rapaces a xestionar e expresar as súas emocións a través da Educación Responsable: educación emocional, social e da creatividade.
Neste vídeo podedes ver un resumo das actividades levadas a cabo polo alumnado de 2º A no apartado de Reflejarte.
A actividade que propuxo este ano a Fundación Botín "Olfato artístico" está basada na exposición ARTE Y ARQUITECTURA: UN DIÁLOGO, que se puido ver na súa sede de Santander ou visitar virtualmente desde outubro de 2020 ata maio deste ano.
Esperamos que vos guste!
Podedes acceder á zona de familias picando no logo da fundación botín desta entrada ou aquí.
Lindos!!!!!!
ResponderEliminarSon uns grandes artistas!!! Noraboa rapaces!!!
ResponderEliminarQue chulada de experiencia e de video que montou a profe Isa, parabens!
ResponderEliminar