Xa empezan a chegar as vosas elaboracións do segundo reto que propuxemos para o mes de maio. Lembrádesvos?
Moi ben. As fases da lúa.
Uxía, da clase de 5 anos A, quixo compartir con todos nós esta manualidade tan bonitiña que fixo. Gústavos?
Moi bo traballo Uxía!
Efrén, de 1º B fixo as fases da lúa cuns vasos de plástico. Quedoulle xenial, a que sí?
Fantástico Efrén ! Iso que túa irmanciña Alexia andaba por ahí.
A teacher Sonia estivo dándolle voltas á cabeza e decidiu facer as fases da lúa con cousiñas que tiña pola casa.
Recordades que estamos traballando a ciencia e o medio ambiente?
Pois mirade o que se pode facer cuns tapóns, un rotulador permanente e uns anacos de cartolina.
Esta é unha forma moi divertida de reutilizar, verdade?
Queredes saber en que fase está a lúa agora?
Mirade a foto que nos enviou a teacher Sonia.
Fai uns días Efrén fixo un experimento científico. Mirade o vídeo
E como dí o refrán que non hai dous sen tres, Efrén animouse de novo a facer outra manualidade das fases da lúa, esta vez con cartolina e cartón. Así nos gusta, reutilizando.
Moitísimas grazas Efrén polas túas aportacións! Gustáronnos moitísimo!
Animádevos a seguir enviando manualidades, vídeos ou o que vos queirades que nós iremos publicando todo o que mandedes no blogue.
No hay comentarios:
Publicar un comentario