01 mayo 2020
Retos para o mes de maio
Ola a todos! Que tal estades?
Espero que todos esteades moi ben.
Dadas as actuais circunstancias as actividades que tiñamos previstas no noso PDI
Ciencia e lectura, que loucura!
víronse interrumpidas. Non vos preocupedes, farémolas noutro momento.
Maio é o mes das flores. E hoxe, 1º de maio, seguindo unha tradición ancestral seguro que nas portas das casas, nos coches, nas garneiras... podedes ver un ramiño de xesta.
Sabedes por que?
Pois para anunciar a chegada do bo tempo e tamén como protección contra o "mal de ollo".
Non sona moi científico verdade?
Pero é parte da nosa cultura e das nosas tradicións.
Os maios son festas moi importantes nas provincias de Ourense e Pontevedra.
Estívenlle dando voltas e... neste mes de maio vouvos propoñer varios retos científicos.
O primeiro, en homenaxe a esta tradición, ten que ver coas plantas.
Como xa dixen colocamos ramiños de xesta pero... Sabes como se chama esta planta en castelán? "Retama" Oíchelo algunha vez?
Primeiro reto:
Saberías unir os nomes comúns en galego e castelán destas plantas?
Queremos agradecer a Arenaria (María e David) que colaboren tanto co noso cole e que nos propuxeran este primeiro reto científico.
Recordade que nunha entrada anterior xa vos informamos que propuxeron varios retos para estes días na súa páxina web, en concreto en CIENCIA DIVERTIDA #QUEDANACASA
Deixámosvos uns días para que o resolvades e despois poñeremos as solucións.
Se non sabes como son algunhas das plantas podes buscar imaxes e máis información sobre elas nunha guía de plantas, nunha enciclopedia, en fontes fiables de Internet, etc.
A curiosidade dun bo científico nunca ten fin!
Fixestes esta actividade? Gustouche? (deixa comentarios no apartado de "comentarios" desta entrada, xusto debaixo)
Queres propoñernos ti un reto científico? Fixestes algún experimento e gustaríache compartilo con todos nós? Mándanos unha foto ou un vídeo a bibliocastelao@gmail.com
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Lista feita, algunha das plantas costounos un pouco pero bueno, espero que acertasemos en todas.... 😊
Mañá, luns, publicaremos as solucións e propoñerémosvos un novo reto. Seguro que sí as acertástedes todas!
Bueno pois por petición dunha persoa vou a poñer as nosas solucións que espero que acertemos moitas aqui, ai ban....
1-R, 2-H, 3-A, 4-T, 5-J, 6-D, 7-P, 8-B, 9-M, 10-F, 11-K, 12-O, 13-I, 14-N, 15-L, 16-Q, 17-G, 18-C, 19-S E 20-E
HABER QUE TAL....
Moi ben! Fixéchedelo xenial. Acertástedes todas! Espero que vos gustara esta actividade e sigades participando nos seguintes retos.
Publicar un comentario