Tiñamos pendente do primeiro trimestre a visita dos nosos padriños e madriñas lectoras do IES Felix Muriel. Desta vez trouxéronos un conto de Paz.
"O homiño de Papel" de Fernando Alonso.
A nena aburríase na casa. Cos xoguetes de sempre xa non se entretiña. Un día imaxinou, inventou e fixo un amigo de papel de periódico. O homiño de papel e máis a nena aprenderon a descubrir a vida, as cousas boas e malas que hai nela, e como se lles pode transmitir esperanza e alegría ós demais, mirando as accións humanas cos ollos da solidariedade.
Plan de mellora de bibliotecas escolares de Galicia
DEREITOS DE AUTOR
As diversas actividades que aparecen neste blog están destinadas a fins educativos. Se por calquera motivo: dereitos de autor, imaxe...consideras que algunha delas é inadecuada, fáinolo saber para retirala. Grazas
No hay comentarios:
Publicar un comentario