10 abril 2014

Encontros con escritores.

Onte visitounos Jacobo Fernández Serrano.
Todo un luxo! Algúns nenos e nenas xa o coñecían, pero estaban desexando volver a velo.
Primeiro estivo cos nenos e nenas de terceiro falando e debuxando sobre todo das aventuras da Illa Remeira que foi o libro que eles traballaran.
Logo os nenos e nenas de cuarto fixéronlle mil preguntas sobre o seu libro Mil cousas poden pasar!
Case nin o deixan debuxar! Temos no cole moitos seguidores!
Falounos dos seus libros e sobre o oficio de escritor e ilustrador. Deixounos un precioso debuxo para a biblioteca, así como unha Lina co seu pescozo longoooooo no noso libro de visitas e para rematar asinou os libros.
Grazas, Jacobo polo teu traballo, os textos inxeniosos e as ilustracións que nos fan imaxinar e sobre todo rir! E como non, disfrutar coa lectura.


No hay comentarios: