Outro ano máis xa temos preparadas as Mochilas viaxeiras que axiña viaxarán ata as vosas casas.
Este ano a Xoubiña Castelao, a mascota da biblio, proponvos que lle "enviedes" unha postal sobre algún lugar que visitastes ou que vos gustaría visitar.
Na mochila vai incluída unha postal en branco, para que a decoredes como máis vos guste (collage, debuxo, diferentes texturas...).
Cando a traiades de volta, colgarémola por diferentes lugares do cole para que a Xoubiña Castelao a poida ler.
Deixade viaxar a vosa imaxinación!


No hay comentarios:
Publicar un comentario