28 octubre 2025

MOCHILAS VIAXEIRAS 2025-2026: ARRANCAMOS!

 Outro ano máis xa temos preparadas  as Mochilas viaxeiras que axiña viaxarán ata as vosas casas.

Este ano a Xoubiña Castelao, a mascota da biblio, proponvos que lle "enviedes"  unha postal sobre algún lugar que visitastes ou que vos gustaría visitar.

 Na mochila vai incluída unha postal en branco, para que a decoredes como máis vos guste (collage, debuxo, diferentes texturas...).

 Cando a traiades de volta,  colgarémola por diferentes lugares do cole para que a Xoubiña Castelao a poida ler. 










Deixade viaxar a vosa imaxinación!

27 octubre 2025

ACTIVIDADES SEMANA DO SAMAÍN

 Aquí podedes ver as actividades que realizaremos durante esta semana.



Estade atentos porque teremos curtas de medo nos recreos!



25 octubre 2025

PREPARACIÓN DAS MOCHILAS VIAXEIRAS 2025-2026

 Outro ano máis estamos preparando as "Mochilas viaxeiras" deste novo curso. 





Que actividade nos propoñerá facer a Xoubiña Castelao?

Como vedes, ela xa está lista para viaxar polo mundo.



17 octubre 2025

OBRADOIRO TECENDO O OUTONO

 Hoxe tivo lugar a actividade "Tecendo o outono coas nosas familias".

Aquí tedes unha mostra do que fixeron.




14 octubre 2025

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA CURSO 2025-2026

 Aquí tedes un cartaz cunha proposta de  actividades que realizaremos para a inauguración da biblioteca este curso. Pero, coma sempre, vós podedes facer as actividades que máis vos gusten.








ROSCO DE PALABRAS E CUESTIONARIO SOBRE XULIO VERNE E "A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS" (3º CICLO)




CUESTIONARIO SOBRE A CDU (2º CICLO)

Explore more at Wayground.

ROSCO DE PREGUNTAS

INICIANDO O NOVO PDI PARA ESTE CURSO...

 Observade ben o mural da biblioteca. 

A ver se sodes capaces de adiviñar sobre  que imos investigar este curso...






TECENDO O OUTONO COAS NOSAS FAMILIAS


 Animádevos a vir ata a biblio e compartir un momento en familia!

10 octubre 2025

NOVIDADES

 Aquí vos amosamos algúns dos novos libros que xa están á vosa disposición na biblioteca.