Como tódolos anos, fixemos unha exposición de libros sobre a Paz na biblioteca.
Este ano para conmemorar o Día da Paz elaboramos un mural con diferentes imaxes de Rianxo. O título elixido para este traballo foi "Camiño pola Paz" xa que o Camiño de Santiago pasa pola nosa vila.
Cada aula elixiu un lugar de Rianxo ou un lugar polo que pasara o Camiño de Santiago que lle gustara especialmente. Para iso os rapaces e rapazas sacaron fotos no seu tempo de lecer e logo trouxéronas ás súas aulas. Unha vez alí, realizaron un traballo de selección entre todos.
Logo plasmaron esa foto no mural empregando papel con diferentes formatos e texturas. O resultado final foi moi interesante.
Podedes ver a praia das Cunchas, a praia da Torre, o paseo do río Té, o paseo do Castelo da Lúa, a igrexa de Rianxo ao atardecer... ata o famoso Faro de Corrubedo.
Gústavos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario