25 octubre 2021

MOCHILAS VIAXEIRAS

Este ano renovamos as mochilas viaxeiras por dentro e por fóra.

En primeiro lugar, mirade que bonitiñas son estas novas mochilas do Xacobeo (graciñas profe Lourdes).
E agora,  mirade o material que propoñemos este ano. Sí, sí, vedes ben, catro cousiñas: un conto, unha revista de National Geographic Kids, un libro de Ciencia e un xogo de mesa.
Levan tamén unha pequena tarxeta para que fagades nela o que se vos ocorra: un debuxiño, unha pequeniña explicación de algo que vos gustara da mochila, un collage ou incluso unha fotografía vosa coa mochila.
Con todas as tarxetas faremos unha exposición no colexio e tamén intentaremos subir ao blog as fotos para que as familias tamén poidades velas.



Esperamos que vos guste esta nova proposta das mochilas e desfrutedes en familia.

1 comentario:

Bea dijo...

Que chula....!!! Deseando que chegue a nosa casiña.... 😊