O 2 de febreiro celébrase
o día da Candeloria.
Esta celebración ven
de moi antigo, dos tempos dos celtas. O primeiro día de febreiro celebraban o
Imbolc en honor á deusa da nova lúa, a primavera e as correntes mariñas. Poñían
unha candea nas ventás e nas habitacións. Era a preparación para a época fértil
da terra e o nacemento dos animais.
En Galicia é o día do casamento dos paxaros. Representa o
renacer da natureza pola proximidade da primavera. Para os mariñeiros era o
comezo da navegación despois da longa espera do inverno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario