14 octubre 2014

Pitiño Branco Comeza a Escola

Os nenos e nenas de 3 ANOS A e B traballaron a partir dunha idea orixinal dos pequerrechos de Bea do CPI Camiño de Santiago (O Pino) un poema de Azucena Arias Correa titulado: As dúbidas do pitiño.
Este fermoso poema, serviulles aos máis pequechos e pequechas do cole para vivir e revivir da man do seu protagonista, -un pitiño branco de crista vermella- os nervios da noite anterior, a ledicia por todas as cousas novas que levaría na súa mochila, a incertidume ante o descoñecido: resto de nenos e nenas, profes, aula, patio..., nervios, inseguridades... e un senfín de sentimentos e emocións propios dos días do período de adaptación.

Velaí vos presentamos a primeira secuencia de aprendizaxe dos nenos e nenas de 3 ANOS... fantástica!

Ver máis información no blogue Sonrisas y Mandilones.

1 comentario:

Ricardo antiguo alumno do castelao dijo...

Mima, eu que deixei o colexio fai uns meses, e ainda me recordo cando estaba en infantil.
jajajajaja.

Un saludo para o mestre de 5 (ou de sexto non sei) Carlos de parte de Ricardo.