30 octubre 2013

Días das bibliotecas

Unha vez que rematamos coas inauguracións faltábanos facer algo todos xuntos. 
O venres 25 xuntámonos e fixemos un pequeno acto para recordar que era o Día das Bibliotecas.
Comezamos ensinando o cartel deste curso e explicando un pouco que na biblioteca ten cabida  a ciencia.
Logo comezamos a cantar por ciclos as seguintes cancións :
Infantil: “O pirimpimpim”.
1º ciclo primaria: “E ti telo, telo”.
2º ciclo primaria: “ O Verdegaio”.
3º ciclo primaria: “Regueifa” .

Ao mesmo tempo os nenos nenas ensinaron as súas interpretacións das cancións.




3 comentarios:

Ricardo 6ºB dijo...

pufff eu ese dia fartinme de bailar

paloma 6ºC dijo...

que dia de tolos todas as clases a bailar e cantar vaia gozada

vanesa dijo...

Hola son Vanesa, unha exalumna, acordome de que o Día das letras galegas, despois de cantar o himno galego, estubemos cantando unha canción donde todos os alumnos e todos os profesores cantaron e bailaron sen parar. Un bico, Vanesa.