A editorial Kalandraka acaba de recibir o "Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural 2012" polo seu compromiso coa literatura infantil. É a primeira editorial galega e a primeira adicada á literatura infantil e xuvenil que recibe este importante premio.
Na concesión do premio destacaron a calidade das súas ilustración, o coidado que poñen nos textos, o seu interese en cultivar xéneros como a poesía e o ser un referente tanto en España como no estranxeiro.
Os seus libros están traducidos a varios idiomas. De feito, temos libros de Kalandraka na nosa sección de Inglés.
A nós non nos sorprende nada esta nova xa que NOS ENCANTAN OS SEUS LIBROS!!!!!!
ANÍMATE!!!! Escribe nos comentarios cal é o teu libro de Kalandraka favorito.
4 comentarios:
Ola a todos:
Os nenos e nenas de 2º A acabamos de ler Orellas de bolboreta no libro de lingua galega e a profe trouxonos da biblio "Orejas de Mariposa" xa que "Orellas de Bolboreta" estaba emprestado.
Gustounos moitííííííísimo. Ata fixemos minicontacontos.
Recomendámosvos lelo.
Ata pronto!
Os libros de kalandraka estan moi ben.
Encantamnos os libros desta editorial, todos os libros estan moi ben pero en especial o CONEXIÑO BLANCO e A QUE SABE A LUA? en realidade son xeniais!!!!!!!!
A editorial KALANDRAKA traenme moitos recordos de cando era moito maáis pequena, recordo que sempre quería que me leeran ``A QUE SABE A LÚA?´´ e ``O COELLIÑO BRANC.´´
Publicar un comentario