Hoxe será un día especial para alumnos de 2º e 3º ciclo xa que irán ó Auditorio Municipal para coñecer ó autor e ilustrado galego Anxo Fariña. Se queres coñecer máis cousas sobre el e a súa obra preme na foto
Que foi o que máis che gustou desta actividade? Que libros de Anxo recomendarías e por que?
Anímate e deixa os teus comentarios.
4 comentarios:
Anxo Fariña debuxa moi, pero moi ben. Eu teño unha compañeira de clase que debuxa moi ben, non tan ben como el, claro.
SAUDOS.
A min gustoume moito estar con Anxo Fariña.É moi gracioso e ademais sabe debuxar e inventar contos de maravilla!Paseino moi ben estando un ratiño con él.
Gustoume moito que Anxo Fariña fora ao auditorio a explicarnos o seu traballo de autor e ilustrdor.
Dibuxa moi ben pero tamén escribe uns contos la mar de divertidos.
Tamén me gustou que nos explicara un pouco sobre o libro:A Chave da Atlántida co que gañou o premio Merlín de literatura infantil e xuvenil.
Gustanme moito os libros:
A Chave da Atlántida,Os Megatoxos e o aprendiz de Druída, os libros de Antón e Pepón e tamén o libro,Ti non xogas(ilustrado por el,non escrito)
Rapaza de 5º
Gústanme moito os libro que fai Anxo Fariña. Pareceme que é un escritor que ten moita imaxinación, sobre todo gústame o libro MONSTROESCOLA.
Publicar un comentario