06 diciembre 2011

BUBISHER

Un dos nosos escritores favoritos Gonzalo Moure (Palabras de Caramelo) membro de "Escritores por el Sáhara" comentou nalgunha biblioteca do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia, do que nós formamos parte) a súa colaboración co proxecto
BUBISHER
que comezou como un bibliobús que achegaba libros ós nenos dos campamentos Saharauis.

Enlace
Grazas ó esforzo destes escritores e de moitas persoas esta iniciativa medra cada vez máis.
(Para máis información picade na imaxe)

Moitas bibliotecas escolares de Galicia estanse sumando á iniciativa de doar un albúm ilustrado para aumentar os fondos do Bubisher.

E, por suposto, o colexio A.D.R. Castelao de Rianxo tamén se suma.

Eleximos o libro Enamorados de Rebeca Bautremer da editorial Kónikos.



Un fermoso libro ilustrado que dentro de pouco lles enviaremos e estamos seguros lles vai encantar.
.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Paréceme moi ben,facer que outros nenos poidan compartir con nós un mundo de imaxinación como é o mundo da lectura.