04 mayo 2011

2011 ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES


A ONU declarou o 2011 Ano internacional dos bosques; por este motivo, desde o 2º trimestre, vimos realizando actividades relacionadas co medioambiente encamiñadas a coñecelo mellor e fomentar o seu coidado facendo un especial fincapé na importancia da reciclaxe.

Estamos preparando unha exposición con todos os traballos que aportaron as familias feitos con material de refugallo sobre a temática do mar e o medioambiente. Está quedando chulísima.

Pero... aínda a estamos ambientando entre todos. Pedímosvos, queridas familias, que agardedes un anaquiño máis pois abrirémola para que a vexades co gallo da celebración do Día Mundial do Medioambiente, 5 de xuño.

Manterémosvos informados. Estamos seguros de que estades desexando vela xa toda rematada ó igual que todos nós!

Se premedes na imaxe tedes máis información sobre os bosques e a súa importancia para todos nós.

Os que queirades podedes ir dándolle pequenas pistas ás vosas familias ou comentando que foi o que elaborastedes para a exposición. Recordade, o blog aliméntase dos vosos comentarios.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Este ano intentemos coidar máis os bosques,¿Apuntadesvos?