29 marzo 2011

MARZO, MES DA POESÍA


O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía coincidindo co comezo da primavera. Estes días temos a sorte de ter no colexio a Maleta Viaxeira de Poesía da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. Os libros están expostos dentro da biblioteca para que todos poidamos desfrutar deles con moito agarimo.

Ademais, están previstos varios recitais poéticos na biblioteca ó longo desta semana para os cales seleccionamos poesías que falan do mar.

Manterémosvos informados e sacaremos moitas fotos para poñer na páxina web.
_

2 comentarios:

Franhv dijo...

Bos días:
A min a exposición gustoume moito, e o que mais me impresionou foi que a canción de “Paulina Rubio” fora poesía .Ja,ja,ja

Anónimo dijo...

Encantoume ir a biblioteca e ver como os meus compañeiros recitaban unhas fermosas poesías.
Non había nada mellor para celebrar que marzo era o mes da poesía.