23 abril 2009

Os alumnos de 3 anos visitarán a Biblioteca Municipal


Mañán,
"Día do Libro de dos Dereitos de Autor,
os alumnos de 3 anos visitarán a Biblioteca Municipal. Algúns irán por primeira vez. ¡Están moi emocionados!

Alí, Sofía contaralles o conto "A noite das mudanzas" da editorial OQO
que de seguro lles vai gustar.

Esperamos as fotos da actividade para poder enseñárvolas.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola a tod@s! non sei si será moito pedir, pero se fora posible gustaríanos ver algunhas fotos (si as tendes)das caras dos máis cativos do cole nas actividades que se levaron a cabo durante o ano: na súa visita a biblioteca, títeres, zoo... ás mamás e papás caenos a baba!. Agradecervos e felicitarvos por este blog que nos brindades a tod@s e que nos acerca un pouquiño máis as actividades que realizan os nosos fill@s. Saúdos

bibliocastelao dijo...

Por suposto, non é moito pedir. Bucearei nese mar de fotos que temos das actividades para atopalas. Recordade que este é o blog da biblioteca polo que aquí aparecerán as fotos relacionadas coas actividades promocionadas desde a biblio. Tendes no lateral esquerdo a dirección da páxina web do colexio. Hai un apartado de galería de fotos no que aparecen fotos de case tódalas actividades. Facemos moitas actividades ao longo do curso polo que desculpade se non as temos todas ou tardamos un pouco.
Un Saúdo,
Unha xoubiña moi atarefada.