Mirade que actividade mais chula imos realizar para a semana.
Animádevos!
Outro ano máis xa temos preparadas as Mochilas viaxeiras que axiña viaxarán ata as vosas casas.
Este ano a Xoubiña Castelao, a mascota da biblio, proponvos que lle "enviedes" unha postal sobre algún lugar que visitastes ou que vos gustaría visitar.
Na mochila vai incluída unha postal en branco, para que a decoredes como máis vos guste (collage, debuxo, diferentes texturas...).
Cando a traiades de volta, colgarémola por diferentes lugares do cole para que a Xoubiña Castelao a poida ler.
Aquí podedes ver as actividades que realizaremos durante esta semana.
Estade atentos porque teremos curtas de medo nos recreos!
Outro ano máis estamos preparando as "Mochilas viaxeiras" deste novo curso.
Que actividade nos propoñerá facer a Xoubiña Castelao?
Como vedes, ela xa está lista para viaxar polo mundo.
Hoxe tivo lugar a actividade "Tecendo o outono coas nosas familias".
Aquí tedes unha mostra do que fixeron.
Aquí tedes un cartaz cunha proposta de actividades que realizaremos para a inauguración da biblioteca este curso. Pero, coma sempre, vós podedes facer as actividades que máis vos gusten.
Observade ben o mural da biblioteca.
A ver se sodes capaces de adiviñar sobre que imos investigar este curso...
Boas tardes a todos!
A partir do 1 de outubro xa poderedes facer empréstitos na biblioteca xa que contaremos co apoio dos nosos biblioaxudantes.
Recordade tamén que a partir dese día a biblio estará aberta polas tardes, das 16:00 ás 18:00 horas.
Aquí tedes un cartaz coas normas da biblio.
Aquí podedes ver os cabezudos que elaboraron os grupos de 1° e 2° coas súas familias. Quedaron chulísimos, verdade?
Hoxe recibimos a visita dos bombeiros. Nesta ocasión estiveron cos pequerrechos de E.Infantil e cos de 1º de E. P.
Esperamos contar con todos os nen@s colaboradores de 5° para o próximo curso e os que xa vos ides para o institución desexámosvos moita sorte.
Non vos olvidedes de pasar pola Biblio Muriel, alí tamén fan moitas actividades!
Hoxe os alumnos de E.I. e 1° e 2° de E.P. foron ata o auditorio ver a obra "Bibopalula". Nesta ocasión foron todos os centros educativos de Rianxo.
Pasárono xenial!
Aquí podedes ver tódolos seres fantásticos e/ou mitolóxicos que crearon as familias que participaron na actividade das "Mochilas viaxeiras".
Moitas grazas familias pola vosa colaboración!