25 abril 2009

CADEA DE DESEXOS

Os nosos veciñ@s do C.E.P. Brea Segade de Taragoña acábannos de convidar a formar parte dunha fermosa inciativa:

"Unha cadea de desexos"

Debemos escoller oito desexos e convidar a outro colexio a participar. ¡Esperamos as vosas aportacións!

Podedes ler no seu blog da biblio os desexos que eles pediron.

23 abril 2009

24 de abril, Os alumnos de 6º D visitarán a Biblioteca Municipal

Seguindos cos actos de conmemoración de "abril mes dos libros",
os alumnos de 6º D visitarán a biblioteca municipal.

Realizarán unha sesión de introducción á banda deseñada,
BD, é dicir, cómic. E coñecerán un pouco a obra de David Prieto Seijo,
que visitará a Biblioteca Municipal o vindeiro sábado 25 de abriL ás 11 da mañán.

AS PRAZAS SON LIMITADAS ASÍ QUE APÚNTATE CANTO ANTES.



Cómic de Trasmallo "O tesouro de carraxe Sieiro".
Trata sobre RIANXO.
Seguro que coñecedes moitos lugares.
¿Atrevédesvos a comprobalo?

23 de abril, presentación oficial do blog do colexio

Hoxe, 23 de abril, "Día do Libro e dos Dereitos de Autor" tódolos alumnos de Primaria do colexio coñecerán o blog da biblioteca e o seu funcionamento.

Esperamos, que vos guste. Fixémolo con moita ilusión e ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS NOS DISTINTOS APARTADOS.

Un saúdo,
"Xouba Castelao"
(Mascota do colexio)

Os alumnos de 3 anos visitarán a Biblioteca Municipal


Mañán,
"Día do Libro de dos Dereitos de Autor,
os alumnos de 3 anos visitarán a Biblioteca Municipal. Algúns irán por primeira vez. ¡Están moi emocionados!

Alí, Sofía contaralles o conto "A noite das mudanzas" da editorial OQO
que de seguro lles vai gustar.

Esperamos as fotos da actividade para poder enseñárvolas.

21 abril 2009

ALUMNOS DE 1º NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Os alumnos de 1º visitaron a biblioteca municipal
nun día moi especial, o 2 de abril,
"Día do Libro Infantil e Xuvenil".
Coñeceron a obra da autora Concha Blanco, que visitou
a biblioteca municipal o sábado 4 de abril.
As súas obras quedaron na biblioteca para que as vise a
autora e todos aqueles que pasedes por alí.

20 abril 2009

Os alumnos de 4º B traballamos o COMIC

No segundo trimestre traballamos o continente de Oceanía.
Lemos "Un Conto Australiano".
Fixemos varias versións en cómic deste conto.
Eleximos a que máis nos gustou e querémola compartir con todos vós aquí.
DESEXAMOS QUE VOS GUSTE.

29 marzo 2009

2 de Abril: Día do Libro Infantil e Xuvenil

Neste día tan especial os alumnos de primeiro visitarán a biblioteca municipal.
Coñecerán a obra da autora CONCHA BLANCO.
Esta autora visitará a biblioteca municipal o vindeiro sábado 4 de abril.
¡ANIMÁDEVOS A IR A VELA!

Recomendámosvos os seguintes libros dela:










Tedes estes e outros títulos en préstamo na biblioteca do cole.
Consultade o catálogo da nosa biblio.

16 marzo 2009

A Loca-Motora


O 29 de febreiro os alumnos de Primaria disfrutaron da obra "Carlota e Marieta dan a volta ao Planeta" unha adaptación do libro A volta ao mundo en 80 días de Jules Verne, que estamos a traballar neste trimestre.
Se queres volver a ver un anaco da representación fai clic na imaxe do póster.
Gustouche? Deixa a túa opinión nos comentarios.

MOCHILAS VIAXEIRAS




OLA! Son a Mochila Viaxeira.

Estade atentos!

A partir de hoxe visitarei as vosas casas.