27 junio 2018

ABRIR RIANXO AO MUNDO

Con este eslogán comezamos o curso o noso proxecto que rematou con esta fermosa exposición de traballos feitos nas aulas no auditorio de Rianxo que os nenos/as e as súas familias puideron visitar. Comezamos o curso cun cambio de metodoloxía nas aulas, empregando o Tratamento Integrado das Linguas (TIL). Nalgúns dos traballos empregouse o galego, inglés e castelán. Para este proxecto foi fundamental a implicación de todo o profesorado do centro dende infantil ata 6º así como dos distintos equipos: EDLG, Extraescolares,..., e do equipo de biblioteca.
Fomentáronse actividades moi variadas: buscas de información sobre o municipio e parroquias, como era Rianxo no século XIX e comezos do s.XX, elaboración de libros de receitas,de comic, contos, con información variada, anuncios promocionais, maquetas, cadros,....e un longo etc.


Tamén a nosa impresora 3D tivo o seu espazo  e os escornabots con xogos de preguntas e respostas sobre Rianxo.

Durante todo o curso tivemos no cole numerosos escritores,escritoras,creadores,artistas que viñeron a contarnos o que facían. Grazas a: José Ricardo Losada, Helena Villar Janeiro, Ché Tembra, Tantino e Raúl Burés .
A mostra estivo dende o 8 de xuño ao 21, e por ela pasaron numerosos veciños e veciñas de Rianxo.
Como actividade inaugural tivemos a sorte de poder asistir a unha adaptación da obra Os vellos non deben namorarse de ADR Castelao a cargo de todo o alumnado de sexto de primaria. Uns artistazos!! Moitas máis fotos.


No hay comentarios: