21 agosto 2015
A serie de Gatiño, con textos de Joel Franz Rosell e ilustracións de Constanza v. Kitzing.
E canto á Gatiño e as vacacións, cóntasenos que o último día, antes das vacacións, na clase de Gatiño, todos os animais contan a onde irán no verán; hai para todos os gustos: Parrula vaise con súa nai ao mar, Coella vai cos irmáns á casa do avós, Esquío parará a metade do tempo co pai e a metade coa nai e cámping, Ourizo vaise só a aprender idiomas a Inglaterra... pero Gatiño non sabe qué vai facer. Cando chega á casa pregunta e a resposta non pode ser mellor: non irán a ningunha parte “pasarémolo moi ben: papá, túa irmá, teu irmán, ti e máis eu... Serán unhas vacacións fantásticas!, porque imos estar todos... xuntos” di a nai.
Unha ensinanza, o valor de compartir o tempo, facendo o que sexa, sen necesidade de ir nin lonxe nin a un lugar distinto, estar xuntos.
Outra ensinanza, a presentación de todo tipo de familias e situacións e ningunha mellor que outra, simplemente distintas. O traballo coa memoria a través das repeticións...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Ola encantariame saber para que idade esta recomendado o conto.
Ola,
A serie gatiño está recomendada para "primeiros lectores" é dicir de 0 a 4-5 anos cando xa comezan a ler. De todas formas, esta franxa de idade é orientativa.
Un saúdo,
A Xoubiña Castelao
Publicar un comentario