24 diciembre 2014

GAÑADORAS DE INVITA A ANDERSEN A COÑECER O TEU POBO.

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, Gálix, celebra 25 anos de andaina coa publicación do libro ‘Choven palabras no futuro’, que acaba de ver a luz co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

A obra, que será distribuída pola Consellería nos centros educativos de Galicia con estudos de infantil e primaria, foi presentada onte na Cidade da Cultura polo presidente de Gálix, Francisco Castro; pola directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño; e polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen destacou a participación no libro dos 25 autores e autoras, e dos ilustradores galegos que contribuíron cos seus traballos á realización da obra. Na súa representación participaron na rolda de prensa María Solar, Marilar Aleixandre, Paula Carballeira, Anxo Fariña, Antonio Seijas, Antonio Manuel Fraga Allegue e Xosé A. Perozo.


Gañadoras do certame Invita a Hans Christian Andersen.

Na rolda de prensa tamén se lles fixo entrega dos seus premios ás gañadoras en Galicia do concurso literario Invita a Hans Christian Andersen, promovido pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (Oepli), da que forma parte Gálix. As galardoadas, que recibiron un diploma e un lote de libros, foron, Claudia Gómez Regenjo, do CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao de Rianxo, na categoría de primeiros lectores (1º e 2º de primaria); Paula Cutrín Calvo, do CEIP Os Casais de Fene, na categoría de lectores avanzados (de 3º a 5º de primaria); e Carla Rodríguez Pérez, do IES Carlos Casares de Vigo, na categoría de superlectores (de 6º de primaria a 2º de ESO).

En referencia ao certame, o presidente de Gálix recordou que Galicia foi a comunidade que contou cunha maior representación no premio polo número de alumnos e alumnas que participaron e tamén explicou que o galego foi o idioma con maior presenza neste certame estatal, ao que tamén concorreron traballos en castelán, éuscaro e catalán.



Noraboa Claudia!

1 comentario:

Anónimo dijo...

noraboa guapísima