30 noviembre 2014

Novembro. Mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares.

Durante este mes tivemos tres actividades relacionadas coa ciencia:

Exposición da Bolboreta Monarca. Unha gran viaxeira.
Viaxe da bolboreta Monarca. Exposición que estivo na biblioteca e na que os alumnos debían buscar datos sobre a bolboreta, as súas migracións,...e completar unhas fichas coa información que ían recollendo nos distintos paneis. 
Esta exposición completábase cun fabuloso e curioso vídeo sobre as migracións dos animais.




Fichas elaboradas para a busca de información.




Exposición sobre o Sistema Solar:

Esta exposición foi elaborada polas titoras de cuarto e os seus alumnos e alumnas. Aproveitando o estudo na clase do Sistema Solar, os nenos e nenas, tiveron que elaborar nas súas casas as súas maquetas. Para completar a exposición escribiron unhas tarxetas explicativas sobre os planetas,estrelas, satélites,..Elaboraron un fermoso mural e completando isto, unha exposición de libros informativos que manexaron nas aulas e unha ficha de busca de información.
Un éxito a exposición!






Durante varios anos todos os alumnos do colexio veñen participando en actividades de divulgación científica sobre o mundo mariño a través de varios programas: Rianxo Divulga e Ecomar. Estes celebráronse sempre na biblioteca: charlas, proxeccións,experimentos,xogos.. este curso comezamos co programa Horizonte 20 30. Un programa promovido pola Asociación Mexilloeira Rianxeira e o Grupo de Acción Costeira ‘Ría de Arousa’.
Aproveitando a celebración da Semana da Ciencia, realizáronse uns obradoiros científicos no auditorio rianxeiro. 
Estes obradoiros pretendían que os nenos e nenas: coñeceran o labor que desenvolven os científicos, puideran ver ou tocar diversas mostras reais da flora e da fauna mariña, saber máis en profundidade sobre o mexillón, 


Contou con 4  obradoiros:

1º Relacionado co cultivo do mexillón:viron nun mexillón diseccionado as partes das que este se compón, puideron mirar por unha lupa diversas mostras de especies de plancton.
2º Distintas especies de animais mariños 
3º Experimentos:

  •  Como a contaminación afectaba ás distintas especies. Descomposición dunha cunha. 
  • Ás distintas densidades dos materiais. (aceite,..).
  • Reaccións químicas co almidón da pataca.



As próximas sesións xa serán no colexio.

No hay comentarios: