07 diciembre 2013

Adeus a Nelson Mandela.

Onte, 6 de decembro, enterámonos dunha triste nova: o pasamento de Nelson Mandela.

Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos...
             ...sen distinción algunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemiento ou calquera outra condición.

Artigos 1 e 2 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Achegándose o Día Internacional dos Dereitos do Home, non podemos senon reflexionar sobre a súa figura. 
O home que foi quen de reconducir a historia de Sudáfrica, conquerindo a reconciliación de dúas partes radicalmente enfrontadas: a minoría branca que ostentaba o poder económico e político, e a maioría negra carente de dereitos. Unha figura que, polo ben do seu país, foi quen de perdoar os máis de trinta inxustos anos pasados na cadea.

O discurso de Mandela durante o xuízo que o condenou á cadea:


Teño loitado contra a dominación branca e teño loitado contra a dominación negra. Soñei cun ideal de sociedade democrática na cal todas as persoas vivan xuntas en harmonía e con igualdade de oportunidades. É un ideal que me fai querer vivir para conquerilo, pero, se é necesario, é un ideal polo que estou disposto a morrer.

Neste documental podemos coñecer a vida deste grande home:




 
Grazas ós compañeiros da Biblioteca Escolar Salgado Torres por nos ter achegado a imaxe que encabeza este post, un grafitti tomado nas rúas de París.
Tamén a Rosana Rodiles, da Biblioteca Escolar Xoan Farias (C.E.I.P. de Pazos) que nos ten ofrecido a imaxe coa que concluímos.
E ao Lar do Frianciño da biblioteca CEIP Friáns de Teis.por recopilar e dar forma a esta entrada.

1 comentario:

demo de 6ºC dijo...

adeus mandela.presidente de sudafrica