Hoxe comezaron as inauguracións na biblioteca.
Os primeiros foron os nenos e nenas de segundo A e B.
Entraron coa Marcha Triunfal de Verdi e logo repasaron as normas de uso e funcionamento da nosa biblioteca.
A continuación coñeceron un pouco da figura de Verdi e algunhas das súas obras, xa que o 10 de outubro cumpriuse o bicenterario do seu nacemento.
Tamén estiveron practicando coas emocións e logo deseñaron un guiñol feito con papel.
Quedaron moi chulos! Cando os teñan todos rematados pondremos máis fotos.
Os nenos e nenas de quinto tamén entraron coa Marcha Triunfal de Verdi. Repasaron as normas de funcionamento e uso da biblioteca , coñeceron un pouco da figura e obras de Giusseppe Verdi e logo viron dous videos sobre a música e as emocións. Pondrémolos ao longo destes días. Para rematar deseñaron uns marcapáxinas con emoticonos.
Unha pequeniña mostra.
Os nenos e nenas de cuarto B e C fixeron o mesmo que os de quinto pero non viron os videos sobre a música e as emocións.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
hola encantanme os emoticonos xa que hay caras tristes e alegres, eu dibuxei un demo
todos estan chulos
que chulos vos quedaron os emoticonos dibuxades de maravilla
Publicar un comentario