28 septiembre 2013

A MÚSICA E AS EMOCIÓNS


Esta é a  entrada da nosa biblioteca para este curso.
Aparece o acordeón, a guitarra e moitos libros de viaxe por esta escola pública que quere escribir e ler.
O tema de este ano vai ser a Música e todas as emocións que esperta.


O cadro polo que vos preguntábamos é do pintor Leandro Lamas. El deunos o seu permiso para copiar algunhas partes dos seus cadros e confeccionar o noso mural.

Eleximos a Leandro porque é un pintor que ilustra moitos libros infantís un deles a "A nena e o grilo nun barquiño" Neste novo disco Magín Blanco conta coa compañía de numerosos músicos, músicas, das voces de María Faltri, Luanda Cozetti, e o coro dos nenos e nenas da capela madrigalista de Ourense.

A qué soa A nena e o grilo nun barquiño?
A bicos roubados, á ledicia de atopar un equilibrio de expresión entre  tradición e contemporaneidade.  A  reafirmar  a confianza na música como vehículo e vínculo interxeracional, e entre o individual e o social.  A Beatles ,armonías vogais, retrousos  contaxiosos, a arpas e zanfonas, a violinos , a arpexios de guitarra.  A silencio…
E qué conta  A nena e o grilo nun barquiño?
A historia dunha viaxe onde o mundo se presenta como unha aventura por descubrir. Unha aventura amable e  luminosa , máis próxima  ao intercambio  que a competitividade  e a rivalidade.
Este vídeo contén númerosas pinturas de Leandro Lamas. 
A ver si atopades algunha das que empregamos para realizar o mural da porta da biblioteca!

6 comentarios:

paula 6ºb dijo...

que bonita a portada
da biblioteca

6ºC dijo...

que chula vos quedou

sandra e adriana de 6º c dijo...

mola moito quedou moi chula

vanesa dijo...

Hola son Vanesa, que pena que xa non vou ao colexio porque me encantaba ver o mural da porta do colexio cada ano, para min o mural quedou moi chulo.

Anónimo dijo...

o mural e chulo

Ricardo 6ºB dijo...

a min encantame a musica xa que toco a tuba e o piano que guai que fagan esto da musica.