27 marzo 2025

VISITA DE AUTORES: MARÍA CANOSA

 Hoxe recibimos a visita da nosa querida María Canosa. Nesta ocasión estivo coa rapazada de 3° de E.P. que leu moi entusiasmada o libro Escola de Bruxas.



15 marzo 2025

SEMANA DA PRENSA E 8 M

 Empregamos a figura de Penélope e aproveitamos para traballar a prensa e os seres mitolóxicos.

Cada aula buscou no xornal algunha noticia sobre os logros de mulleres. 

Ademais, inventaron  noticias onde os seres mitolóxicos foran os protagonistas.

Cada ciclo decorou a Penélope ao seu xeito e foron pegando toda ao arredor.



10 marzo 2025

CONTACONTOS PARA INFANTIL

 Hoxe tivemos un contacontos a cargo de Paco Nogueira. Os pequenos e pequenas de infantil pasárono xenial.






CELEBRACIÓN 8 MARZO

 Para conmemorar esta data propuxemos que cada ciclo pintara un mural coa imaxe de Penélope e colocara noticias sobre logros de mulleres. 

Tamén contamos coa visita de varias nais traballadoras que viñeron contarnos como eran os seus traballos.

                                    Médica de urxencias


                                         Empresaria


Ademais, cada aula realizou diferentes actividades.


28 febrero 2025

O ESPELLO DE CLAUDE: ACTIVIDADE DE FOTOGRAFÍA E IDENTIDADE

Durante este mes de febreiro o alumnado de 6º realizou unha  actividade de fotografía e identidade. 

Trátase dun "Taller artístico de emocións e Saúde emocional" con Fuco Reyes. 

Con elementos encontrados no centro escolar, a través da fotografía, Fuco experimentou , reflexionou e explorou  co alumnado aspecto clave da adolescencia, como a construción da identidad, autoestima e autoimaxe e a xestión das emocións e a motivación.




21 febrero 2025

CITA A CEGAS CUN LIBRO

 Unha das actividades propostas polo mes do amor foi a de "Cita a cegas cun libro". Todos os nenos e nenas quedaron encantados coas súas parellas e incluso as compartiron  co resto da aula. Recomendaron tamén o libro que lles tocou.


12 febrero 2025

BIBLIOTECA CREATIVA: OBRADOIRO DE MÁSCARAS DE ENTROIDO

 Hoxe a rapazada de 4° de E.P. desfrutou dun interesante obradoiro de elaboración de máscaras de Entroido levado a cabo por  Pedras Artesanía.

Aquí tedes unha mostra dos resultados. Un grupo elaborou unha máscara dun Boteiro e o outro unha Bonita de Sande.




11 febrero 2025

CASTELAO. PEITO DE LOBO

 Hoxe Marina Losada, contounos Peito de Lobo e como en Vai de Roda elaboraron o cabezudo.






11 FEBREIRO: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 Hoxe contamos coa visita de Marta Conde Sieira, investigadora da Universidade de Vigo.




Durante este mes realizaremos diferentes actividades científicas na aula de Polos Creativos.

31 enero 2025

XOGOS SOBRE CASTELAO

 Despois de analizar os carteis que elaborastes,  propoñémosvos varios xogos.

Empezaremos cunha Roda de  Castelao.


Despois tedes dous cuestionarios, un cuestionario con 15 preguntas para 2º ciclo e outro con 30 preguntas para 3º ciclo.

Para poder facelos tedes que ir ata o corredor do pavillón principal onde están os cartaces. Facede grupos e levade unha tablet por grupo e deste xeito podedes ir contestando as preguntas mentras atopades a información necesaria. Animádesvos?


CUESTIONARIO  2º CICLO




CUESTIONARIO 3º CICLO


DIA DA PAZ

Para celebrar o Día da Paz fixemos un pequeno acto no porche de Infantil no que participaron diferentes aulas.





 

ANO DE CASTELAO

 Durante este ano realizaremos varias actividades sobre Castelao xa que o noso cole leva o seu nome.

Empezamos cunha exposición sobre a súa vida na entrada do pavillón principal e un photocall no pavillón de E. Infantil.





Continuamos cunha liña do tempo. Cada aula investigou e fixo un cartel. Aquí tedes unha pequena mostra dalgún deles.


 







28 enero 2025

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Animádevos a visitar o noso cole!
Participamos en diferentes contratos Programa polo que os nenos e nenas participan en diferentes obradoiros ( reciclaxe, robótica, emocións, sostibilidade...). Tamén temos Club de Ciencia,  servizo de biblioteca polas tardes e un montón de actividades extraescolares organizadas pola Anpa.




 

08 enero 2025

CALENDARIO 2025

 Outro ano máis  colaboramos co EDLG na elaboración do calendario deste ano 2025. 






28 noviembre 2024

25 N

 Para conmemorar este día fixemos dúas actividades.

Por unha banda, a proposta "Non camiñas soa", na que o alumnado trouxo un zapato de muller que pintamos de violeta no cole e que colocamos no porche de infantil facendo un gran lazo violeta.




Tamén a proposta "Non son fada nin princesa a quen mirar. Eu teño ás para voar". Fixéronse dous murais como un"photocall", un en cada pavillón, dunhas ás de fada. Empregando diferentes seres fantásticos o alumnado pensará en micromachismos e en solucións para eses micromachismos.