30 enero 2024

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

 Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz.  

Como tódolos anos xuntámonos todo o cole no porche de infantil para realizar un acto.

Un grupo de rapaces de 6° A e 6° B leron un manifesto e amosáronnos tamén unha presentación. Para rematar cantamos a canción Paz, paz, paz de Juanes.




26 enero 2024

CHARLAS "COME LOCAL"

 Esta semana os rapaces e rapazas de 5° e 6° recibiron unhas charlas da campaña  "Come local" na que está participando o colexio.



25 enero 2024

Obradoiro en familia: Elaboración dun conto multisensorial

Se vos gustan os contos, as manualidades, aprender cousas novas... pasa unha tarde diferente en familia.

O vindeiro 2 de febreiro de 16 a 18 horas, dentro do programa Lectura e Familias e en colaboración coa ANPA Os Gudiños, haberá o seguinte obradoiro na biblioteca escolar





Pica na imaxe e anótate xa!

 

19 enero 2024

OBRADOIROS SOBRE ENERXÍA

 Esta semana tivemos uns obradoiros sobre enerxía a cargo da Fundación Naturgy nos que participou todo o alumnado en diferentes quendas.

Aquí tedes unha pequena mostra dalgunhas das actividades que realizaron.




30 noviembre 2023

NOVIDADES

 Aquí tedes algunhas das novidades que temos na biblio. Xa sabedes que podedes vir nos recreos facer préstamos e devolucións e tamén polas tardes de 4 a 6.





MES DA CIENCIA EN GALEGO: EXPERIMENTOS

 Durante este mes de novembro a rapazada de 4° explicáronlles aos compañeiros de 1° e 2° varios experimentos. Fixérono xenial!







27 noviembre 2023

25 N

 Esta é a exposición que organizamos na biblioteca para conmemorar o 25 N, ademais de ofrecer diferentes materiais para realizar nas aulas.



Ademais, hoxe conmemoramos este día cun acto no porche de infantil. Ao rematar cantamos todos xuntos La puerta violeta de Rozalén.


Estas son algunhas actividades que realizaron as diferentes aulas.




2° de E.P.
   
    3° de E.P.

    
     6° de E.P.





23 noviembre 2023

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Como ben sabedes, en novembro celebramos o Mes da Ciencia en galego. 

Imos facer uns obradoiros na biblio, xa veredes que ven o imos pasar



15 noviembre 2023

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA 2023



Xa estamos de volta! 
Este ano imos facer unha inauguración de cómic.

Propoñémosvos varias actividades para realizar na biblioteca:
marcapáxinas, banderolas, personaxes de cómic, mini- cómics, etc. 









Ademáis, para  aprender un pouco sobre o cómic aconsellámosvos que vexades esta presentación de Francisco Ibáñez, un gran creador de cómics.


10 noviembre 2023

MAGOSTO

 Hoxe celebramos o Magosto no colexio. 

Ademais de comer as castañas asadas, tamén fixemos xogos populares como o pano, carreiras de sacos e o tradicional tragacastañas.






XOVES CONTO

 Este mes de novembro uns compañeiros de 6° de primaria animáronse a contar un conto no recreo para empezar co "Xoves conto".

 Comezaron Izan e Carmen contándonos "Corre, corre cabaciña".



A semana seguinte animáronse Xiana, Xulia e Lara con A Bruxa regañadentes.



Corre, corre cabaciña.






31 octubre 2023

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Este mes de outubro arrincamos outro ano máis coas mochilas viaxeiras. Nelas atoparedes un libro en galego, un libro en castelán, unha revista e un xogo para que o pasedes ben en familia.




Esperamos que as desfrutedes!

24 octubre 2023

30 junio 2023

Coro de emocións, infantil

 O alumnado de 3 anos B participou este curso no Coro de Emocións de Educación Responsable.



A que o fixeron xenial!

21 junio 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

 Para rematar este curso traémosvos unhas recomendacións lectoras para desfrutar da lectura no verán.


Rianxo, unha emoción

 Os alumnos de 2º B participaron na xuntanza online de Coro  Emocións da Xunta de Galicia e a Fundación Botín. Aquí tedes o seu traballo. 




Grazas, profe Silverio, por ensaiar con nós!

20 junio 2023

5 DE XUÑO: DÍA DOS OCÉANOS

 Os rapaces e rapazas de Educación Primaria elaboraron unhas fermosas tarxetas cun circuito eléctrico para conmemorar o Día dos Océanos.

Mirade que bonitiñas lles quedaron!




02 junio 2023

OBRADOIRO CON PABLO OTERO

 Este xoves, a rapazada de 4º tivo un obradoiro de creatividade levado a cabo polo gran Pablo Otero. 

Aquí tedes unhas imaxes dalgunhas das actividades que realizaron.






EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS EN GALEGO

 Os rapaces e rapazas de 3º de E. P. ensínannos nestes vídeos diferentes experimentos que foron realizando ao longo do curso.

Botádelle unha ollada!

Hecho con Padlet