28 octubre 2022
BIBLIOTECA CREATIVA: CAIXAS PARA E. I.
CONTOS DE MEDO E OBRADOIROS ALUCINANTES NO SAMAÍN
Durante esta semana desfrutamos duns contacontos realizados pola rapazada de 5° e 6° e tamén duns obradoiros organizados polos compañeiros de Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o fixeron.
21 octubre 2022
11 octubre 2022
Comezamos!
Vistedes que chulo está quedando o mural da porta da biblio?
Pero... aínda lle falta bastante.
Apetécevos axudar a rematalo?
Pois esta é unha das actividades que poderedes facer cando veñades á inauguración da biblio deste curso.
Aquí tedes dous vídeos de contos relacionados coas cores, as emocións e a creatividade. Temas que traballaremos ao longo deste curso no noso PDI
"UN MAR DE CORES"
Seguro que entre todos o mural queda xenial!
Os blogs aliméntanse dos teus comentarios! Non te olvides de deixar un! (faino xusto aquí debaixo)
01 octubre 2022
15 junio 2022
VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL
Esta semana os rapaces e rapazas de 2º de Primaria foron ata a Biblioteca Municipal. Alí, entre moitas outras actividades, debuxaron peixes con poemas sobre o coidado dos océanos para logo facer un mar de poemas que irán ver coas súas familias.
Aquí podedes ver un pequeno vídeo desta visita.
"I CONCURSO DE CARTEIS DO ORGHULLO" DO CONCELLO DE RIANXO
Os alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria participaron no I Concurso de Carteis do Orghullo do Concello de Rianxo.
O cartel gañador foi o elaborado por Miguel, Sabela e Yago de 5º B.
Noraboa aos gañadores e moitas grazas a tódolos rapaces e rapazas pola vosa participación!
OBRADOIROS SOBRE EDUCACIÓN SAUDABLE
Este ano participamos nun programa sobre Educación Saudable no marco dos Contratos Programa ofertados pola Xunta. Para axudarnos con este proxecto contamos coa colaboración do Concello de Rianxo que nos ofreceu uns obradoiros sobre Educación Saudable. Os alumnos e alumnas foron ata o Auditorio Municipal e tamén tiveron varias sesións no centro.
Aquí podedes ver algunhas destas sesións.
TRÍPTICO SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE
Aquí amosámosvos un tríptico cun resumo do que os alumnos e alumnas do Castelao aprenderon sobre Alimentación Saudable durante este curso no marco dos Contratos Programa no que participou o colexio. Tamén agradecemos ao Concello de Rianxo a súa colaboración.
14 junio 2022
Vexo, Veo Xacobeo
Este curso o alumnado de 5 anos e de 1º de primaria participou no programa da Xunta de Galicia Vexo, Veo, Xacobeo.
Fixeron moitas actividades relacionadas co Camiño de Santiago unha delas unha anaco do camiño desde o Monte do Gozo ata a praza do Obradoiro.
Vídeo do alumnado de 5 anos (20 de abril)
CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao - VEXO VEO XACOBEO 21·22 from Xunta de Galicia on Vimeo.
Vídeo do alumnado de 1º de primaria (11 de maio)
CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao - VEXO VEO XACOBEO 21·22 from Xunta de Galicia on Vimeo.
Nesta excursión conseguiron cuñar a credencial do peregrino do noso cole dúas veces.
Conseguirían os cuños necesarios para ter a "Compostela" do CEIP ADR Castelao?
Espero que mo digan pronto e, si o conseguiron, compartir con todos esta fantástica noticia.
Queremos agradecer ao Concello de Rianxo e, en concreto á oficina de Turismo, por imprimirnos a color tanto as credenciais como as Compostelas para estes alumnos e por toda a súa colaboración nos roteiros deste curso que incluiron anacos do camiño de "A Orixe".
06 junio 2022
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Como xa sabedes, o 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente.
Aquí tedes unha mostra das actividades que fixeron os nenos e nenas de 2º. Nesta ocasión fixeron un debuxo baixo o lema "Unha soa Terra".
04 junio 2022
OS NOSOS PROXECTOS
Aquí tedes unha pequena mostra dos diferentes proxectos realizados polas diversas aulas ao longo do curso.
Traballos sobre os animais vertebrados (5º E.P.)
Traballos sobre o Medio Ambiente (4º E.P.)
Proxectos sobre os volcáns (1º, 2º e 4º de E.P.)
01 junio 2022
ROTEIROS LITERARIOS POR RIANXO
Durante este curso o alumnado do centro realizou diferentes Roteiros Literarios por Rianxo. Esta actividade foi ofertada polo Concello de Rianxo co propósito de dar a coñecer o anaco do Camiño que pasa por Rianxo e tamén a súa contorna.
Aquí tedes algunhas imaxes dos lugares que visitaron
VISITAS DE AUTORES: EVA MEJUTO
Este luns tivemos con nós á fantástica Eva Mejuto. Nesta ocasión estivo cos rapaces e rapazas de 6º para conversar con eles sobre o seu libro A lavandeira de San Simón.
Moitas grazas pola túa visita!
GAÑADORES DUN CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS
Lembrades que os nenos e nenas da clase de 5 anos A participaron nun concurso de coloreables dos Bolechas? Pois gañaron un premio. Un disco de "Os Bolechas fan unha banda"
Quedaron contentísimos co seu agasallo!
31 mayo 2022
MÚSICA NO CAMIÑO: CONCERTO DE JAZZ
Esta semana a rapazada de 6º puido disfrutar dun fantástico concerto de jazz a cargo de Alfredo Susavila Trío.
30 mayo 2022
Enquisa biblio alumnado
Eres dos maiores do cole?
Estás en 3º, 4º, 5º ou 6º?
A túa opinión conta!
Tes ata o venres 3 de xuño para cubrir esta enquisa.
Moitas grazas por axudarnos a mellorar!
28 mayo 2022
BIBLIOTECA CREATIVA: OBRADOIROS DE CESTERÍA
Esta semana os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria tiveron a sorte de aprender moitísimo nuns obradoiros de cestería que viñeron impartir algúns membros da Asociación Ambar.
Aquí tedes unha imaxes do desenvolvemento da actividade.
27 mayo 2022
VISITAS DE AUTORES: MANUEL FRAGA
Esta semana recibimos a visita de Manuel Fraga. Nesta ocasión estivo coa rapazada de 4º de primaria.
Aquí tedes unha presentación con información sobre o autor.














.jpg)


























