21 marzo 2023

VISITA DE PERE TOBARUELA

 Este luns Pere Tobaruela estivo co alumnado de 5° para falarlles do seu libro Formigas, misión Rosalía.

Foi un pracer recibirte de novo na nosa biblioteca.




17 marzo 2023

12 marzo 2023

SENSIBILIZACIÓN A TRAVÉS DO XOGO CON AMICOS

 

Os nosos amigos da Asociación  Amicos volveron un ano máis ao noso cole a propoñernos interesantes actividades. 

Este ano, trouxéronnos uns xogos xigantes para sensibilizarnos sobre a importancia da reciclaxe e a contaminación do medio mariño.

Aquí tedes unha pequena mostra das actividades realizadas.





10 marzo 2023

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

 Hoxe sacamos os pinceis ao porche...e así de chulo quedou o noso porche de primaria. 

Este mércores, 8 de marzo,  a rapazada de sexto elaborou un mural colaborativo. Este mural  foi pintado con pinturas fotocatalíticas anticontaminantes que absorven e depuran os contaminantes que hai no aire, como os óxidos de nitróxeno e outros gases nocivos.

Cada metro cadrado desta pintura equivale ao efecto depurativo que provoca unha árbore adulta.

Os rapaces e rapazas de 5º decoraron bolsas de tea empregando as mesmas pinturas.

Trátase dun proxecto escolar pola sostibilidade levado a cabo pola Fundación Abanca. 

Aquí tedes unha mostra do que fixeron.





05 marzo 2023

OBRADOIROS DE ROBÓTICA

 Durante esta semana o alumnado de 6º de E. Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria participou nuns obradoiros de Robótica impartidos por Arenaria. Durante estas sesións traballaron nuns paneis sobres os ODS e contidos de sostibilidade con escornabots. Tamén con paneis sobre a fauna mariña e o corpo humano. Ademáis, fixeron construccións con Lego Wedo e puxéronas en marcha.

Aquí tedes un pequeno vídeo para que vexades o ben que o pasaron e o moitísimo que aprenderon.















01 marzo 2023

VISITA DE ROSA ANEIROS

 O luns tivemos a visita da escritora Rosa Aneiros. Esta vez veu conversar co alumnado de 3° e 4° de Primaria.






25 febrero 2023

DÍA DE ROSALÍA

 Este venres celebramos o día de Rosalía cun acto para todo o cole.

 Reunímonos todos no porche de infantil e alí puidemos desfrutar

de diferentes actuacións levadas a cabo por varios compañeiros de sexto e unhas compañeiras de segundo. 

A rapazada de sexto interpretou anacos das obras máis coñecidas da autora e incluso se animaron a rapear. Para rematar, varias nenas de segundo recitaron un anaco do coñecido poema "Adiós ríos, adiós fontes".

Tamén elaboramos diversos modelos de flores, como xa é tradición na escola.

Aquí tedes un vídeo das diferentes actuacións dese día.







Fixérono xenial e pasámolo moi ben!



14 febrero 2023

10 febrero 2023

LECTURA E FAMILIAS: TALLER DE ALIMENTACIÓN

 O noso cole está participando nun programa chamado "Lectura e familias" levado a cabo pola Asesoría de Bibliotecas Escolares.

Grazas a este programa poderemos ofertar diferentes actividades para o alumnado e as súas familias durante estes meses que nos quedan de curso.

Debido ao gran número de alumnado do centro verémonos na obriga de ofertar algunhas das actividades por curso e poñer un aforo.

Agardamos a vosa participación!

Empezamos cun taller de alimentación que será levado a cabo por Arenaria Coordinación.





30 enero 2023

DÍA DA PAZ: I MILLA SOLIDARIA ADR CASTELAO



Moitas grazas familias pola vosa solidariedade!
 Aquí podedes ver todo o que xuntamos durante estes días para doar a Cáritas de Rianxo.

E aquí podedes ver algunhas das clases preparadas coas súas camisetas para comezar a " Carreira pola Paz " do CEIP ADR Castelao.

    3° B
    2° B e 3 anos B



27 enero 2023

IMPRESORA 3 D

 Este xoves os alumnos de 2° de E.P. estiveron coa mestra María diseñando e facendo un colgante do símbolo da paz.




20 enero 2023

PROGRAMANDO O UNIVERSO

 

Este mércores o alumnado de 5º de Educación Primaria tamén tivo unha actividade STEAM denominada "Programando o Universo".

Nesta ocasión traballaron programación e plastilina conductora. Tamén empregaron unha placa micro:bit.




EMPREGANDO A IMPRESORA 3 D

 Esta semana a clase de 5 anos B coñeceu, da man da profe María, como funciona a impresora 3D. Aprenderon moito e viron como a frecha da pantalla se convirteu nunha frecha de plástico.




15 enero 2023

XOGOS EN FAMILIA

A Biblioteca escolar xunto coa Anpa Os Gudiños, organizamos XOGOS EN FAMILIA os terceiros venres de cada mes, de 16:00 a 18:00.

Estades todas as familias convidadas a vir a pasar unha tarde no cole diferente e divertida.

Animádevos!


21 diciembre 2022

Recomendacións lectoras Nadal

Chega o tempo das vacacións de Nadal, momentos de lecer, magníficos momentos para ler.
Non esquezas poñer na túa lista de desexos algún libro.Aquí deixamos algúnhas recomendacións  das novidades de este ano.
Hai libros que serven para varias idades (as idades recomendadas son orientativas). O mesmo libro serve para as nenas e os nenos. Un libro permite xogar, imaxinar, aprender,...Un libro sempre é un bo agasallo no Nadal e en calquera data!
Boas Festas!!!

18 diciembre 2022

OBRADOIRO DE MONICREQUES

Este xoves e venres o alumnado de 5° e 6° realizou un obradoiro de monicreques. Nesta ocasión traballaron na realización de diálogos e construcción de monicreques. Aquí tedes unha mostra do que fixeron.




Este obradoiro levouse a cabo por parte da Asociacion Morreu o demo, enmarcado no proxecto Da barraca á aula / Barriga Verde.

02 diciembre 2022

NOVIDADES MES DE DECEMBRO

 Aquí amosámosvos as últimas novidades deste mes. Por fin chegaron os tan esperados manga. Tamén podedes atopar libros de Pokemon, as aventuras de Superpedete e Ninja Kid.

Vinde ata a biblio para botarlles unha ollada e levalos para a casa se vos apetece!