12 febrero 2021

11FEBREIRO#NO MORE MATILDAS

 Aquí podedes ver o mural informativo sobre o movemento No More Matildas que colocamos no pavillón principal.


Tamén elaboramos un álbum onde podedes ver as fotos das nenas que participaron. Pegamos as fotos polas ventás e nos corredores do colexio.
Nos próximos días iremos subindo as que faltan xa que hoxe non puidemos fotografar a todas. Picade na imaxe para entrar no álbum.






10 febrero 2021

XOGANDO E APRENDENDO#ESPAZO FEDELLEIRO

 Este curso, como é moi complicado que todas as aulas poidan vir ao Espazo Fedelleiro xa que as nosas aulas son moi numerosas, o Equipo de Biblioteca decidiu levar os materiais e xogos ás aulas para que poidades seguir fedellando.

Preparouse unha caixa con diferentes materiais para cada nivel. Os titores serán os encargados da desinfección e cuarentena das mesmas, así como da supervisión do correcto uso dos materiais que conteñen ditas caixas.

Tamén faremos un calendario para que poidades levar a mesa de luz ás vosas aulas.

Estamos organizando  o espazo para que poidades usar o croma.

Como podedes ver, algunhas aulas xa nos enviaron fotos amosándonos o ben que o pasan cos xogos destas caixas.

Picade na imaxe para ver máis fotografías.







11 FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 

Mañá é 11F. Día Internacional da Muller e da Nena da Ciencia 2021.

Dende o Club de Ciencia este ano propoñemos apoiar e facer visible o movemento #NoMoreMatildas.

Esta campaña denuncia o fenómeno coñecido como "Efecto Matilda", onde moitas científicas foron relegadas ao esquecemento, xa que os seus méritos foron desfrutados por homes do seu círculo (compañeiros ou familiares), simplemente polo feito de seren mulleres. Ao mesmo tempo, esta campaña intenta recuperar o protagonismo desas científicas que nunca deberon ser invisibles.

É unha campaña  iniciada pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT), co fin de fomentar a vocación científica en nenas e adolescentes, así como aumentar a presenza de mulleres científicas obviadas nos textos escolares.

Aquí podedes ver o vídeo  da campaña.




Este é o manifesto da campaña:





Este é un anexo para incluir nos libros de texto de 5º de Primaria:



O Efecto Matilda privou a moitas científicas de aparecer nos libros.
Imaxínaste como sería a vida de algúns dos científicos máis brillantes se fosen mulleres? Imaxinémolo....


De seguido presentamos a Hipotética vida de Matilda Fleming 





Tedes toda a información sobre este movemento na súa páxina web: www.nomorematildas.com


Animádevos a dar a cara por todas as científicas ignoradas. Nós xa o fixemos.
Únete!

instagram #NoMoreMatildas

#NoMoreMatildas
#mujeresyciencia
#DíaDeLaNiñaYLaMujerEnLaCiencia
#11f

CONSIGNAS DO TORIBIÑO:XOVES

 


09 febrero 2021

ENTROIDO 2021

 

Aos Bolechas tamén lles gusta moito o Entroido. Picade na imaxe para descubrir cousiñas ben  curiosas desta antiga tradición.





Se picades na imaxe tedes unha serie de materias elaborados polos membros do Seminario Galán. Esperamos que vos sexan de utilidade.



Aquí tedes unhas imaxes para colorear elaboradas polos mestres e mestras do CRA de Bergondo.



CONSIGNAS DO TORIBIÑO:MÉRCORES

 


05 febrero 2021

CONSIGNAS DO TORIBIÑO: LUNS

 Para a semana seguiremos as consignas do Toribiño e deste xeito imos preparándonos para o Entroido




04 febrero 2021

CELEBRAMOS O DÍA DA CANDELORIA

 Este ano tamén celebramos o día da Candeloria. Mirade que tarxetiñas máis xeitosiñas fixeron os de primeiro.








29 enero 2021

EXPOSICIÓN DÍA DA PAZ



Aquí podedes ver a exposición de lecturas recomendadaspara conmemorar o día da Paz. A decoración foi realizada polos nenos e nenas da materia de valores de 1º A.







28 enero 2021

COÑECENDO A CASTELAO

 Estando no mes de Xaneiro debemos coñecer un pouquiño a Castelao



Agora anímate a xogar con este pasapalabra sobre Castelao.


08 enero 2021

ACTIVIDADE PARA O DÍA DA PAZ

 Os equipos de Dinamización da Lingua Galega, Extraescolares e Biblioteca do centro propoñemos esta actividade na que mesturaremos arte e emoción e así conmemorar o Día da Paz e Non Violencia.




25 diciembre 2020

AGASALLO DE NADAL# ESPAZO FEDELLEIRO

 Os nenos e nenas de educación infantil elaboraron este fermoso reno Rodolfo con rolos de papel hixiénico e limpapipas. Para o nariz empregaron unha luz led con pila. Mirade que contentos marcharon todos para a casa.

Gustáronvos?







20 diciembre 2020

GUÍA DE LECTURA DE NADAL. PARA COMEZAR O ANO XENIAL UNHAS LECTURAS PARA O NADAL.

 Esta guía comezouse a elaborar en colaboración coas bibliotecas escolares de Rianxo e a Biblioteca Municipal por diferentes motivos de organización debidos ao Covid ao final cada biblioteca decidiu sacar a súa guía.O noso máximo agradecemento a este traballo conxunto. 

    A nosa guía "Para comezar o ano xenial unhas lecturas para o Nadal"pretende dar a coñecer novidades editoriais en galego e outras que non son novidades pero sabemos que teñen o éxito asegurado. Tamén ten un apartado para Gianni Rodari por ser o ano 2020 o centenario do seu nacemento.

    Desexámos que vos sexan útiles. Boas Festas!


   

18 diciembre 2020

ESPECTÁCULO DE TEATRO E DANZA: OS APALPADORIÑOS


Para a semana poderedes gozar da visita do Apalpador e os seus axudantes polas rúas de Rianxo. Picade na imaxe para acceder a toda a información.


17 diciembre 2020

OBRADOIRO DE TÍTERES

 Esta semana dous membros da compañía Barriga Verde viñeron ao colexio facernos un sinxelo obradoiro de títeres. Con tódolos consellos que nos deron, elaboraremos máis adiante os nosos bonecos.








FESTIVAL DE TÍTERES EN RIANXO

Durante as vacacións de Nadal, do 22 ao 30 de decembro, celebrarase a quinta edición  do Festival de Títeres Tradicionais " Titiriberia" no concello de Rianxo.

 Picade na imaxe para acceder a toda a información xa que as actuacións se celebrarán por diferentes zonas de Rianxo.








14 diciembre 2020