04 julio 2012

Unha actividade que comezou o día da inauguración da biblioteca e que consistiu en transformar as fotos dos nenos e nenas de 4º C en Archimboldos nas distintas estacións.


03 julio 2012

museo castelao


Ao longo do curso fomos creando o Museo ADR Castelao. Cada clase interpretou unha obra dun pintor ou pintora con distintas técnicas. Tamén fixemos tres cadros colectivos que foron: O Guernica de Pablo Picasso, O Bico de Gustav Klimt e os Bailaríns de Castelao. 
Quedou moi CHULO!!! A ver si atopades a vosa porta ou corredor!!

02 julio 2012

O verán é unha boa época para ler e relaxARTE. Aquí están as nosas recomendacións de lectura para todos os da casa.


27 junio 2012

Otra actividade que se levou a cabo no mes de xuño  foi a de Rianxo en verso.
Xuntamos que o 5 de xuño se celebra o día do medio ambiente e a arte da fotografía. 
As clases participantes sacaron fotos por distintos lugares de Rianxo. 
Logo nas clases cos titores elaboraron distintas poesías a partires das fotografías.


Unha pequena mostra da clase de cuarto C.


Durante o mes de xuño, todo o colexio foi de visita ao museo "De Nós" do escultor rianxeiro Nuco.Tódalas clases quedaron encantadas coa visita e fascinados pola súa obra.
O noso agradecemento público pola súa gran amabilidade, paciencia e implicación con todos nós. 

Os nenos/as de cuarto C elaboraron estes acrósticos a partires do seu nome e o seu museo.
Quedáranos pendente de publicar de cando foi a inauguración da biblioteca dos nenos/as de cinco anos A e B. Vémolos elaborando uns cadros de Joan Miró.
O cadro de Joan Miró "El jardín" foi o elexido polos nenos/as de cinco anos A para facer o seu entretido conto:
            
                  OS NENOS PINTORES.
Joan Miró, ao que tanto lle gustaba o espazo e as estrelas, levou á clase de cinco anos B de viaxe con este conto fabuloso que fixeron:

               AQUEL FANTÁSTICO CADRO.
O Guernica inspirou aos nenos/as de cinco anos C para elaborar o seu bonito conto:
        BOMBAS CÓSMICAS.

Esta vez Kandinsky levou aos nenos/as de tres anos A a inventar este estupendo conto sobre os indios. 
        KANDINSKY E A TRIBU GANDUL.

Inspirándose nun cadro do famoso pintor Kandinsky os nenos/as. de tres anos B elaboraron este estupendo conto.

           UNHA FESTA SÚPER-RECHIFLANTE.

Un bonito conto colectivo da clase de catro anos A
       O CONTO DE TEO E VINCENT.


Este é outro fermoso conto colectivo da clase de catro anos C.
           ROSA PICASSA.
Aquí temos un fermoso conto colectivo da clase de catro anos B.
     BUSCANDO OS XIRASOIS.

26 mayo 2012

A WEB SOBRE ARTE DO CASTELAO



Un grupo de mestres do colexio elaboraron esta páxina web onde podedes atopar diferentes recursos para aprender máis sobre diferentes pintores.

Animádevos hai un montón de actividades Lim!


Este boneco que aparece no mural basado nunha obra de Miró que adorna a porta
da nosa biblioteca este curso quedará no lateral esquerdo do blog para que premades sobre el e poidades acceder sempre a estes fantásticos recursos!

10 mayo 2012

Buscando arte

Apetéceche coñecer máis sobre algunhas obras famosas? 
Elixe o cadro que máis che chame a atención e busca información sobre el e sobre o seu autor.




Open publication - Free publishing - More alfin

 Fíxate nas pistas:

- Coñeces o retrato do autor? Busca máis información sobre el e sobre as súas obras...

- Coñeces a obra ou paréceseche a algunha que xa coñeces? Busca as que xa coñezas; é probablemente aparezan as que non.

- Varias obras son dun caricaturista e pintor de pontecesures moi amigo de Castelao. De feito, ilustrou o libro Retrincos.


                           A QUE ESPERAS?

17 abril 2012

HOXE VISÍTANOS ABRAHAM CARREIRO

O ilustrador Abraham Carreiro visitará hoxe o colexio. Os alumnos de 5º e 6º esperan impacientes a súa visita para intercambiar con el impresións do seu libro XOELIKI. 

 Premede na portada para ir á páxina web do libro.

Para meterlles gañas aos que todavía non leron o libro na páxina web do libro hai un pequeno vídeo non volo perdades!


 Tamén vos recomendamos os libros da colección: 
"Contos que len outros nenos do mundo"
 unha colección que trata de achegarnos ás diferentes culturas do mundo mediante contos populares de distintos lugares. E que podedes atopar na biblioteca.


Non te olvides de compartir con todos as tús opinións. DEIXA UN COMENTARIO!


13 abril 2012

A BICICLETA DE ANA MARÍA

Poderemos desfrutar desta obra de Airiños este fin de semana:


SÁBADO 14

- Taragoña, praza de Campos de Pazos 17.00 h (se chove no Centro Cultural e Deportivo)

- Araño, exterior da escola de Buía 18.00 h (se chove dentro da escola)

- Asados, exterior do CC Simón Varela 19.00 h (se chove no interior centro)




DOMINGO 15

- Isorna, exterior da escola de Vacariza 17.00 h (se chove dentro da escola)

- Leiro, campo da festa 18.00 h (se chove Centro Cultural Vicente Vidal)

- Rianxo, Praza Rafael Dieste 19.00 h (se chove no Auditorio)

UN DÍA ESPECIAL CON ANXO FARIÑA



Hoxe será un día especial para alumnos de 2º e 3º ciclo xa que irán ó Auditorio Municipal para coñecer ó autor e ilustrado galego Anxo Fariña. Se queres coñecer máis cousas sobre el e a súa obra preme na foto

    

 Que foi o que máis che gustou desta actividade? Que libros de Anxo recomendarías e por que? 

Anímate e deixa os teus comentarios.

02 abril 2012

2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


 Este día celébrase desde 1967 coincidindo co nacemento de Hans Christian Andersen co ánimo de inspirar o amor polos libros e chamar a atención sobre a importancia de fomentar o gusto pola lectura nos máis pequenos.

 Todos os anos a International Board on Books for Young People, IBBY,  encarga un texto e un cartel para conmemorar este día.

O texto deste ano, titulado Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro , elaborouno o poeta, dramaturgo, narrador, editor e ensaísta mexicano Francisco Hinojosa.
 
 O cartel  creouno o  ilustrador, tamén mexicano, Juan Gedovius. A Juan Gedovius gústalle ilustrar libros para os máis peques porque:

 "ellos tienen la misma afición a los dragones que yo, porque encuentran fascinante todo lo que solo puede verse a través de mágicos conjuros y porque defienden la existencia de todo cuanto se nos olvida cuando nos volvemos grandes" (fuente Andalia.com)