27 marzo 2025

VISITA DE AUTORES: MARÍA CANOSA

 Hoxe recibimos a visita da nosa querida María Canosa. Nesta ocasión estivo coa rapazada de 3° de E.P. que leu moi entusiasmada o libro Escola de Bruxas.



15 marzo 2025

SEMANA DA PRENSA E 8 M

 Empregamos a figura de Penélope e aproveitamos para traballar a prensa e os seres mitolóxicos.

Cada aula buscou no xornal algunha noticia sobre os logros de mulleres. 

Ademais, inventaron  noticias onde os seres mitolóxicos foran os protagonistas.

Cada ciclo decorou a Penélope ao seu xeito e foron pegando toda ao arredor.



10 marzo 2025

CONTACONTOS PARA INFANTIL

 Hoxe tivemos un contacontos a cargo de Paco Nogueira. Os pequenos e pequenas de infantil pasárono xenial.






CELEBRACIÓN 8 MARZO

 Para conmemorar esta data propuxemos que cada ciclo pintara un mural coa imaxe de Penélope e colocara noticias sobre logros de mulleres. 

Tamén contamos coa visita de varias nais traballadoras que viñeron contarnos como eran os seus traballos.

                                    Médica de urxencias


                                         Empresaria


Ademais, cada aula realizou diferentes actividades.