28 febrero 2025

O ESPELLO DE CLAUDE: ACTIVIDADE DE FOTOGRAFÍA E IDENTIDADE

Durante este mes de febreiro o alumnado de 6º realizou unha  actividade de fotografía e identidade. 

Trátase dun "Taller artístico de emocións e Saúde emocional" con Fuco Reyes. 

Con elementos encontrados no centro escolar, a través da fotografía, Fuco experimentou , reflexionou e explorou  co alumnado aspecto clave da adolescencia, como a construción da identidad, autoestima e autoimaxe e a xestión das emocións e a motivación.




21 febrero 2025

CITA A CEGAS CUN LIBRO

 Unha das actividades propostas polo mes do amor foi a de "Cita a cegas cun libro". Todos os nenos e nenas quedaron encantados coas súas parellas e incluso as compartiron  co resto da aula. Recomendaron tamén o libro que lles tocou.


12 febrero 2025

BIBLIOTECA CREATIVA: OBRADOIRO DE MÁSCARAS DE ENTROIDO

 Hoxe a rapazada de 4° de E.P. desfrutou dun interesante obradoiro de elaboración de máscaras de Entroido levado a cabo por  Pedras Artesanía.

Aquí tedes unha mostra dos resultados. Un grupo elaborou unha máscara dun Boteiro e o outro unha Bonita de Sande.




11 febrero 2025

CASTELAO. PEITO DE LOBO

 Hoxe Marina Losada, contounos Peito de Lobo e como en Vai de Roda elaboraron o cabezudo.






11 FEBREIRO: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 Hoxe contamos coa visita de Marta Conde Sieira, investigadora da Universidade de Vigo.




Durante este mes realizaremos diferentes actividades científicas na aula de Polos Creativos.