08 octubre 2024

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA 2024-2025: SOMOS FANTÁSTICOS E EXTRAORDINARIOS

 Nas vindeiras semanas faremos a inauguración da campaña deste ano que leva por nome "Somos fantásticos e extraordinarios".

Empezaremos investigando sobre Seres fantásticos e mitolóxicos. Aprenderemos moitísimo sobre  seres fantásticos  galegos e doutras partes do mundo e tamén produndizaremos en nós mesmos porque todos temos algo que nos fai ser fantásticos e extraordinarios.

Neste cartaz están as actividades que realizaremos para a inauguración.






Animádevos a facer esta sopa de letras!


 Tamén podedes facer este cuestionario. (2º E 3º CICLO)

Ou este que é un pouquiño máis sinxelo. (1ºCICLO)

01 octubre 2024

EMPEZAMOS O CURSO!

 Xa temos o mural case rematado para a inauguración da biblioteca para este curso 2024-2025.



Vistes ben o mural? Xa sabedes que imos traballar este ano no noso PDI? Pois sí, imos profundizar no interesante e misterioso mundo dos seres mitolóxicos e fantásticos, tanto de Galicia como de outras partes do mundo.
Teremos que investigar moitísimo ao longo do curso e faremos todo tipo de actividades. A Xouba Castelao volas irá amosando neste blog a medida que as vaiamos facendo.

A partir de hoxe a biblioteca estará aberta nos recreos e tamén polas tardes. 
É moi importante coñecer as normas do uso da biblioteca escolar. Botádelle unha ollada a este cartel con toda a información.