03 mayo 2021

XOGOS LETRAS GALEGAS


Botádelle unha ollada a estes dous vídeos sobre Xela Arias Castaño realizados por compañeiros doutras escolas de Galicia. 
Prestade moita atención porque despois teredes que facer unha serie de actividades que elaboramos os membros do equipo da biblio e o equipo de dinamización. Preparados?

Canto máis atentos esteades máis acertaredes!







                           INFANTIL                                  

Click to open full screen
Xela Arias, una ficha interactiva de soniafranco
liveworksheets.com

      PRIMEIRO CICLO             


Click to open full screen
Xela Arias, una ficha interactiva de soniafranco
liveworksheets.com


Click to open full screen
Xela Arias, una ficha interactiva de soniafranco
liveworksheets.com


        SEGUNDO E TERCEIRO CICLO                   



Click to open full screen




Xela Arias, una ficha interactiva de soniafranco
liveworksheets.com



Click to open full screen
Xela Arias, una ficha interactiva de soniafranco
liveworksheets.com










BOOKTUBERS DE 2º DE PRIMARIA

 

Durante este mes de maio ampliamos a nosa proposta dos "Booktubers: Recomendacións lectoras" aos alumnos e alumnas de segundo.


Animádevos!

Empezamos a recibir as primeiras recomendacións.


IMPORTANTE!!! Se vedes o blog desde o móbil, lembrade cambiar a Ver versión web para poder ver os vídeos.

Empezamos con Lara, Noa e Eloi de 2º B


Agora Sabela e Iago de 2º B







Seguimos con Uxía e Elena de 2º A e Saray de 2º B



Seguimos con Mateo de 2º A



 Tamén se animaron Mara, Xiana e Mariña de 2° A



Rematamos coa recomendación de Borja de 2° A







Moitas grazas a todos pola vosa colaboración!






29 abril 2021

XOVES CONTO

 Este xoves traémosvos o conto "Unha parella diferente", de Daniela Kulot. Esperamos que vos guste tanto coma a nós!




26 abril 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DOS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO

 Aquí tedes aos nenos e nenas de 1º A e 1º B recomendándonos os libros que máis lles gustan.

  Se queredes ver tamén as recomendacións de 5º e 6º picade   AQUÍ



Uxía, Xoel, Gael e Irina de 1º A



 
             

                             Cloe e Erick de 1º B




                        Pablo, Adriana I. e Alba de 1ºA



                                           Julia, Xiana e Josué de 1º A



Leyre, Marcelo e Rodrigo de 1º A


Mencía Macarena de 1º B e Lois e Martiño de 1º A


Marta, Luís, Antonia e Hugo de 1º A




Moitísimas grazas rapaces!


23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Para conmemorar este día tan especial preparamos unha actividade titulada " Viaxa cun libro". Cada aula tiña que escoller un lugar do mundo e o libro ou lenda que mellor o represente para elaborar nunha cartolina a portada de dito libro ou unha imaxe da lenda.

Preparamos un mapa do mundo e pegamos  as ilustracións arredor do mesmo. Aínda non o temos rematado pero vai quedar ben xeitoso, verdade?


Xa case está...                                                       

 







Ademais, as aulas fixeron diferentes actividades.

Aquí tedes unha mostra do que fixeron as aulas de segundo de primaria. Como vedes, montaron un fermoso mural con debuxos dos seus libros favoritos.






 
Coma en anos anteriores fíxose o xogo do amigo invisible entre o profesorado.






20 abril 2021

COMPROMETIDOS CO MEDIO



O pasado venres a rapazada  de cuarto curso do noso centro fixo unha saída ata a praia de Tanxil para valorar o impacto dos residuos no medio mariño. Despois dunha emocionante caza do tesouro, recolleron lixo para facer un cribado nas aulas e analizar o tempo que tardarían eses residuos en desaparecer do medio.
No paseo pola praia atoparon unha grata sorpresa. Un vale para un libro escrito por Francisco J. Aboy Losada, escritor rianxeiro. Un final inesperado para unha xornada emocinante.




 










 

19 abril 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Empezamos a recibir as recomendacións lectoras dos nosos booktubers de 5 e 6.

Comezamos con Ismael Ferreirós de 5 A


Tamén se animou Cynthia da mesma aula.


Esta semana animouse Daniela de 5 C





Moitas grazas!

Ah! E se vos apetece  contarnos un conto tamén podedes ( a familia tamén pode participar). Xa sabemos que iso vos levará moito máis tempo e por iso recibiredes dobre agasallo. Animádevos!

16 abril 2021

ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO

 A nosa proposta para o alumnado de terceiro ciclo para conmemorar o Día do Libro é a seguinte:


Animádevos!


12 abril 2021

NOVIDADES MES DE ABRIL

 Entre algunhas das novidades deste mes poderedes atopar libros con CDs e tamén varios libros sobre o Nicolasiño de Goscinni







ENREGUÉIFATE 2021

 

Este luns o alumnado de quinto participou nun obradoiro que forma parte dun proxecto organizado polos concellos de Ames, Teo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Rianxo  co que se pretende difundir a improvisación oral en galego a través dun xénero tan galego como a regueifa.
Podedes picar na imaxe para acceder a toda información sobre o proxecto


Estas son algunhas imaxes do obradoiro.
Un pequeno vídeo










07 abril 2021

ACTIVIDADES MES DE ABRIL

 Durante o mes de abril a aula de segundo B estivo lendo, recitando, ilustrando...  poesías do fermoso libro  Vento, ventiño, venteiro de Antonio García Teijeiro.  

Aquí tedes a Efrén, Eloi e Lara recitando algúns dos poemiñas que máis lles gustan.


Tamén se animaron Saray e Zoey.







Moitas grazas rapaces e familias por compartir estes vídeos con todos nós!


22 marzo 2021

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA


 Para celebrar o Día da Poesía amosámovos un vídeo sobre Rosalía de Castro realizado polos nenos e nenas da aula de 4 anos B. 

Mirade que ben o fixeron


10 marzo 2021

ACTIVIDADE PARA AS FAMILIAS

 

O Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa ofrece ás familias e aos docentes unha serie de recursos e técnicas de fomento da lectura a través do proxecto Leer.es.
Picade na imaxe para acceder aos recursos e obter máis información.




 


 

08 marzo 2021

8 MARZO: "M de muller"

 Esta é a exposición da biblioteca.


Este ano cantaremos esta canción de A Banda da Loba nas aulas para conmemorar o Día da Muller.


Preparamos unha exposición titulada " M de muller". Cada aula elixiu un obxecto cotián e logo tiñan que redactar un pequeno manifesto relacionando o obxecto coa muller. Aquí podedes ver o resultado.

Esta é a exposición do pavillón de primaria.


E aquí tedes a exposición do pavillón de infantil.



 




25 febrero 2021

XOVES CONTO

 Hoxe vos presentamos un vídeo dun poema de Rosalía de Castro elaborado polos alumnos do CEIP Pousada Carcacía.



Tamén amosamos un vídeo elaborado polos alumnos do cole Juan Rey de Lourenzá sobre a vida de Rosalía de Castro.



24 febrero 2021

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Aquí vos presentamos unha pequena mostra das actividades que realizaron as diferentes aulas para conmemorar este día tan especial, o Día de Rosalía de Castro.

As aulas de cuarto de primaria escribiron anacos de poemiñas en cadros de metacrilato que logo se colgaron no pavillón principal. Tamén fixeron un flip-book sobre Rosalía de Castro, un monicreque articulado e están elaborando un títere de Rosalía.

As aulas de segundo fixeron as flores a Rosalía, prepararon un broche e investigaron sobre a obra de Rosalía de Castro.

As aulas de 3 e 4 anos elaboraron un collage sobre a figura de Rosalía.

As aulas de 5 anos fixeron unha ficha sobre Rosalía e escoitaron varios dos seus poemas

As aulas de primeiro realizaron tamén diversas fichas sobre a obra de Rosalía e aprenderon algúns dos seus poemas.

Tamén fixeron uns títeres de Rosalía xa que participan, xunto con outras aulas do cole,  nuns obradoiros do Proxecto Barriga Verde sobre o títere tradicional. Tedes a información no seguinte enlace:

https://www.facebook.com/371478046277214/posts/3740445199380465/

As aulas de terceiro fixeron as flores a Rosalía cunha poesía, diferentes fichas sobre a súa vida e obra e están elaborando un títere que rematarán nos próximos días.

As aulas de quinto elaboraron as flores a Rosalía e fixeron diferentes actividades propostas no blogue da biblioteca.

As aulas de sexto realizaron tamén diferentes actividades sobre a vida e obra da autora.

Ao longo desta semana intentaremos subir máis fotos.