Ola xoubiñas! Xa levamos uns días de clase e o equipo de biblioteca xa estivo preparando o mural para a entrada da biblioteca. Gústavos?
24 septiembre 2019
27 junio 2019
XOGOS DE CINE E ALUCINE
Xa chegou o final de curso e con el o remate do noso PDI que este ano, como ben sabedes, foi sobre o cine: "Lectura e cine, un plan de alucine!"
Durante todo o curso todas as aulas fixeron un montón de actividades relacionadas con esta temática: traballos de investigación, manualidades, lecturas, visionado de películas...
O producto final do PDI era a creación de xogos sobre cine nos que se traballase de forma máis atractiva diferentes aspectos do currículo co fin de un banco de recursos a disposición de todo o alumnado con materiais de creación propia.
Con eles ides a aprender moitas cousas pero o mellor de todo é que o pasaredes moi ben!
Poderedes utilizalos no noso Recuncho Maker.
Con eles ides a aprender moitas cousas pero o mellor de todo é que o pasaredes moi ben!
Poderedes utilizalos no noso Recuncho Maker.
20 junio 2019
BIBLIOTECA MUNICIPAL: MARUXAINA
Hoxe os alumnos de 1º de Educación Primaria foron ata a Biblioteca Municipal.
Leron o libro "Maruxaina" e contaronlles a lenda da serea de Sálvora.
Despois fixeron "un mar de sereas" para decorar a Biblio municipal e ir a velas coas súas familias
Picade na imaxe para ver mais imaxes.
19 junio 2019
XOGOS DE CINE: PRESENTACIÓN
Hoxe despois do recreo fixemos a presentación dos Xogos de Cine.
Primeiro, todas as aulas xogaron cos xogos que elas mesmas elaboraron e logo fixeron un intercambio de xogos.
Pola tarde fixemos a sesión de portas abertas para as familias de 16:00 a 18:00 horas. Foi todo un éxito.
Aquí podedes ver os diferentes xogos propostos. Picade na foto para ver todas as fotos.
18 junio 2019
XOGOS DE CINE: INVITACIÓN ÁS FAMILIAS
Mañá as familias poderedes vir ao cole e así ver todos os xogos que as diferentes aulas elaboraron durante o curso.
Estades todos convidados!
AGRADECEMENTO COLABORADORES
Hoxe durante o recreo os colaboradores da biblioteca durante este curso recibiron o seu Diploma de colaborador e tamén unha axenda. Ademais puideron desfrutar dunha pequena merenda.
Moitas grazas! O voso traballo na biblioteca é moi importante!
16 junio 2019
GRADUACIÓN INFANTIL E PRIMARIA
Hoxe pola tarde os alumnos e alumnas de 6 de Educación Infantil e de 6 de Educación Primaria celebraron a súa graduación no Auditorio de Rianxo.
Foi unha "Graduación de cine" xa que tiveron en conta o tema do PDI do cole para realizar as diferentes actuacións que formaron parte deste emotivo e divertido acto.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes. Picade na foto.
13 junio 2019
A PROMESA DO CABEZOLO
Aquí podedes ver un vídeo realizado coa técnica de Stop Motion elaborado polos alumnos e alumnas de 1º B. Trátase do libro A promesa do cabezolo.
Esperamos que vos guste tanto coma a nós!
VIDEO SOBRE A RECICLAXE
Aquí tedes unha das charlas que os alumnos e alumnas de 6ºB realizaron na biblioteca sobre a importancia da reciclaxe e do coidado do medio ambiente.
Durante todo o curso estiveron moi concienciados con este tema, sumándose ás protestas "Friday for future" contra o cambio climático a nivel mundial. Elaboraron diferentes proxectos sobre o medio ambiente.
Tamén realizaron diferentes murais para protestar contra o grave incendio que tivemos en Rianxo e puxeron en marcha o horto escolar coa axuda da súa titora Eva.
Bo traballo rapaces e seguide así!
Tamén realizaron diferentes murais para protestar contra o grave incendio que tivemos en Rianxo e puxeron en marcha o horto escolar coa axuda da súa titora Eva.
Bo traballo rapaces e seguide así!
11 junio 2019
VISITA DE EVA MEJUTO
Hoxe recibimos a visita da escritora Eva Mejuto. Nesta ocasión estivo co alumnado de Educación Infantil. Tivo que realizar varias sesións xa que as aulas de infantil son moi numerosas. Contoulles algúns dos seus contos máis coñecidos como A Casa da Mosca Chosca e Corre Corre Cabaciña.
E contounos un gran secreto... xa está preparando a publicación do seu novo libro. Agardámolo con moita ilusión!
Picade na foto e veredes unha mostra do ben que o pasamos.
E contounos un gran secreto... xa está preparando a publicación do seu novo libro. Agardámolo con moita ilusión!
Picade na foto e veredes unha mostra do ben que o pasamos.
Moitas grazas e volve cando queiras!
10 junio 2019
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Aquí vos deixamos unha guía con recomendacións lectoras para o verán. Poderedes atopar tódolos libros na Biblioteca Pública Municipal, así que animádevos a visitala que no verán hai tempo para todo.
Recordade que.... Ler no verán, tamén é un bo plan!
06 junio 2019
CLUB DE CIENCIA 2018-2019
Durante este curso levouse a cabo un club de ciencia no colexio: Club de Ciencia "ADR"Castelao.
Tivo moito éxito entre o alumnado polo que se tiveron que organizar varios grupos para que todos puideran participar.
Contamos con uns monitores especializados e os alumnos aprenderon moitísimo sobre temas tan diversos coma o ADN, robótica, o corpo humano, depuración de augas ...
Aquí podedes ver algunhas das actividades realizadas. Picade na fotografía para ver máis imaxes.
Para o ano continuaremos!
05 junio 2019
DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Hoxe, 5 de xuño, celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente.
Os alumnos e alumnas de 6ªB repartiron uns dípticos e unhas chapas durante o recreo.
Este é o díptico para o alumnado de primaria
Powered by
Issuu
Publish for Free
(Parte de atrás do díptico para os máis peques, os de infantil)
Ademais, comezaron a dar charlas aos máis peques do cole para conciencialos da importancia de usar correctamente os contedores, así como o uso dos "3 Rs" (reducir, reutilizar e reciclar).
Moitas grazas rapaces!
(Picade na foto para ver máis imaxes)
04 junio 2019
VIDEO-POEMAS
Aquí podedes ver uns vídeos que realizaron os nenos e nenas de primeiro de Educación Primaria coas súas titoras.
O primeiro é un vídeo sobre Cantarola dos nenos de Xosé Neira Vilas, que foi realizado polos alumnos e alumnas de 1º A.
O segundo vídeo trátase do poema "Non lle digas nada á lúa", de Antonio García Teijeiro, realizado polos alumnos e alumnas de 1º B.
Que ben o fixeron!
03 junio 2019
HOMENAXE A ANTONIO FRAGUAS NO AUDITORIO
Hoxe foron ao Auditorio Municipal 1º, 2º e 4º de E.P. Nesta ocasión, Charo Pita e Xoán Curiel, autores de Canta miña pedra canta homenaxearon a Antonio Fraguas, autor ao que se lle dedicaron as Letras Galegas este ano. Falaron da súa vida e dos seus logros mentres intercalaban cancións do seu libro-disco.
Estivo moi interesante!
31 mayo 2019
29 mayo 2019
23 mayo 2019
ENQUISA ALUMNADO 2018-19
Si estás en 3º, 4º , 5º ou 6º de primaria necesitamos a túa axuda. Cubre este cuestionario e así entre todos poderemos mellorar a biblioteca.
ENQUISA FAMILIAS 2018-19
Necesitamos a vosa colaboración para seguir mellorando. Por favor, cubride esta enquisa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)