28 noviembre 2018
INAUGURACIÓN CURSO 2018-2019
No mes de outubro celebramos a inauguración da biblioteca para o curso 2018-2019.
Tódolos cursos pasaron pola biblioteca onde fixeron diferentes actividades: visionado de curtas, obradoiros de lectura, etc.
Cada clase trouxo un debuxo sobre a temática do cine que despois se colgou no teito da biblioteca para comezar a ambientala.
Picade na foto para ver máis fotos dos diferentes cursos.
27 noviembre 2018
VISITA CULTURAL
O martes 27 e mércores 28 de novembro o alumnado de primaria asistirá á "XIX Mostra de Curtas Vila de Noia". Nesta mostra se proxectan curtas, tanto de ficción como de animación, creadas por profesionais e aficionados de diferentes partes do mundo.
21 noviembre 2018
EXPOSICIÓN O MAGO DE OZ
Durante os meses de outubro e novembro tivemos na entrada do colexio unha exposición con diferentes versións de O Mago de Oz. Algunhas clases tamén viron a película.
CELEBRANDO O 25N
Con motivo do 25 N preparamos na entrada do colexio unha pequena exposición de lecturas para traballar nas aulas.
PRÉSTAMO INTERBIBLIOTECARIO
Esta semana recibimos outro lote de Libros a Eito da biblioteca escolar do CEP Xosé María Brea Segade, de Taragoña.
Esta vez, o libro emprestado foi Coraline, de Neil Gaiman. Os alumnos de 4º recibiron estes exemplares con moita ilusión.
Moitas grazas !
28 octubre 2018
Compromiso de Colaboradores da biblioteca
Ao longo desta semana os colaboradores asinarán o seu compromiso de colaboración nas distintas actividades da biblioteca. Sen eles,elas sería moi difícil ter: a biblioteca ordenada, facer préstamo, controlar os ordenadores,... e un longo etc
22 octubre 2018
Poeticas diversas na biblioteca escolar.
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar. Nuria Díaz foi a ilustradora, deste cartel que xa temos na nosa biblioteca.
Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son.
MARCAPÁXINAS DA CAMPAÑA DE LECTURA
Estes son os modelos a cor, tamén os fixemos en branco e negro para que os nenos e nenas os poidan
colorear.
COLGADOR HORA DE LER
Únete a Dorothy Gale, Totó, o León Cobarde, o Home de Folla de Lata, a malvada Bruxa do Oeste,...
levaranche xunto o Mago de Oz. Presentamos o modelo deste curso.
Este colgador está pensado para as lectura na casa.
levaranche xunto o Mago de Oz. Presentamos o modelo deste curso.
Este colgador está pensado para as lectura na casa.
Que ninguén moleste !!!
Calendario
As mochilas xa botaron a andar.Este é o calendario, deste curso, para que as aulas leven o control do tempo de permanencia en cada casa.
Desfrutade da lectura en familia!!
21 octubre 2018
Curtas inauguración. Bullying Blender
Unha análise sobre a violencia e a desigualdade de xénero a través do bullying escolar.
Curtas Inauguración. Mobile
Filmakademie, en colaboración con Verena Fels, grandes referencias de animación, creou Mobile, un audiovisual totalmente marabilloso cuxo tema é xenial para o noso tempo: amizade.
Fels, directora alemá, conquistounos cunha curta que ilustra a historia dunha vaquiña e varios animais que "viven" nun móbil para bebés. Alí, a vaca adorable está só no lado oposto doutros animais e, polo tanto, sen amigos. De súpeto, un pequeno rato amarelo invita á vaca a cambiar de lado, o que sen dúbida causará perturbacións no móbil. A vaca, para estar máis preto do seu novo amigo, fai o impensable e ata pon a outros animais en risco. O desenvolvemento dos feitos mergúllanos en suspenso, pero o fin demostra que a amizade pode ser máis forte que calquera cousa, creando, mesmo, un equilibrio entre todos os animais.
Fels, directora alemá, conquistounos cunha curta que ilustra a historia dunha vaquiña e varios animais que "viven" nun móbil para bebés. Alí, a vaca adorable está só no lado oposto doutros animais e, polo tanto, sen amigos. De súpeto, un pequeno rato amarelo invita á vaca a cambiar de lado, o que sen dúbida causará perturbacións no móbil. A vaca, para estar máis preto do seu novo amigo, fai o impensable e ata pon a outros animais en risco. O desenvolvemento dos feitos mergúllanos en suspenso, pero o fin demostra que a amizade pode ser máis forte que calquera cousa, creando, mesmo, un equilibrio entre todos os animais.
Curtas inauguración. Snack Attack
Snack Attack, unha curta asinada por Eduardo Verástegui e a súa productora Metanoia Films, que ademais de poñervos un sorriso que permanecerá ata o final da mesmo, fainos reflexionar sobre a forma en que xulgamos ás persoas, deixándonos levar polas primeiras impresións, falsas apariencias, por prexuicios que nos impiden compartir e gozar do que esas persoas poden e queren ofrecer. Toda unha canción para a xenerosidade.
Curtas inauguración. Rato en venta.
Goza desta curta de CGI sobre Snickers, un rato que quere ser un animal doméstico, desexando ser comprado por alguén. Pero ten un gran problema: as súas enormes orellas. Os nenos que entran na tenda riénse. Snickers atopará ao compañeiro que desexa? O que o levará quen é?
Curtas inauguración. The Present.
“The Present” (O Agasallo) é unha curta alemá que gañou máis de 50 premios nos distintos festivais de cine do mundo. A súa conmovedora historia básase nunha pequena tira cómica de Fabio Coala e fainos reflexionar sobre a importancia das cousas sinxelas,e da aceptación e o amor propio. Disfrutemos desta pequena e fermosa historia.
18 octubre 2018
VISITA DE Mª JOSÉ GULÍN RODRÍGUEZ
O mércores 9 de outubro tivemos un encontro coa escritora María José Gulín Rodríguez, quen nos veu contar o seu último conto O zapateiro e o raposo. Estivo con primeiro, segundo, terceiro e cuarto.
Queremos agradecerlle que, de maneira desinteresada, viñera pasar unha mañá con nós.
Aquí podedes ver unha mostra dos traballos feitos por algunhas clases sobre o libro.
Aquí podedes ver unha mostra dos traballos feitos por algunhas clases sobre o libro.
17 octubre 2018
MOCHILAS VIAXEIRAS
Xa están en marcha as mochilas viaxeiras para este curso. Esperamos que disfrutedes e alucinedes coas lecturas propostas.
O lema escollido para este ano é "Lectura e cine, un plan de alucine" .
Agradecemos á Biblioteca Pública Municipal a súa colaboración co colexio, outro ano máis, co préstamo de varios exemplares para poder completar as mochilas, tanto con lecturas para adultos como para nenos.
11 octubre 2018
PRENSA NA ESCOLA
O colexio está participando no programa de La Voz de Galicia Prensa na Escola, dirixido ao alumnado de 5º e 6º de EP.
Tódolos mércores as aulas participantes reciben 10 xornais para traballar con eles.
Os demáis cursos tamén podedes utilizalos se vos interesa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)