Hoxe tivemos a visita do ilustrador Jorge Campos, creador de Capitán Lentella.
Nesta ocasión estivo cos nenos e nenas de 1° de E.P.
Hoxe tivemos a visita do ilustrador Jorge Campos, creador de Capitán Lentella.
Nesta ocasión estivo cos nenos e nenas de 1° de E.P.
Ao longo destas semanas fixemos varias actividades relacionadas co Día do Libro.
Tivemos obradoiros sobre animais fantásticos durante o recreo. Tamén fixemos uns "Tres en raia" e uns marcapáxinas monstruosos.
A xouba Castelao agasallou a cada aula cun libro.
Realizamos "O amigo invisible" entre o profesorado.
Fixemos "Lecturas ao sol". Esta é a aula de 2º A.
Esta semana membros do proxecto "Abrigo e acubillo" estiveron no centro falando coa rapazada de 4º de E.P. Aquí tedes un documento con información sobre o proxecto.
Esta semana os alumnos e alumnas de 1° e 2° desfrutaron xunto coas súa familias dun obradoiro de creación de cabezudos. Esta actividade forma parte das actividades do programa Lectura e familias.
Hoxe os rapaces e rapazas de 3° de E.P. tiveron un contacontos titulado "Rachando co guión". Rachando co guión.
Nenos e nenas representaron con monicreques diferentes situacións da vida diaria, onde existía algún tipo de machismo ou micromachismo e logo reflexión e charla.
Este contacontos foi ofertado por Consorcio Editorial.