07 junio 2026

COLABORACIÓN FAMILIAS

 Durante este curso recibimos a visita de varias familias que viven en Rianxo pero proceden doutros países. 

Por exemplo,  Mervys, mamá de Mathías, da aula de 4 anos B veu falarnos de Cuba. 

Anna Sylwia Teodorczyk, nai de León e Noel, veu falarnos do seu país, Polonia.





03 junio 2026

BIBLIO CREATIVA: ESCULTURAS ESTILO GIACOMETTI

 Onte e hoxe a rapazada de 4° de E.P. desfrutou dun obradoiro de esculturas de papel estilo Giacometti levado a cabo pola artesá Elektra.

Elaboraron diferentes esculturas que logo servirán para elaborar diferentes vontos e historias.



02 junio 2026

ALFABETIZACIÓNS MÚLTIPLES

 Aquí tedes algúns exemplos dos traballos de investigación realizados durante o curso.





EMPREGANDO A RADIO ESCOLAR

 Este curso seguimos experimentando coa radio escolar.

O alumnado de 5º de Educación Primaria participou nun programa de podcasts escolares chamado "Petiscos de Galicia" que pretende compartir as propostas gastronómicas das diferentes zonas. Eles elaboraron a receita da empanada milla de berberechos con cuncha. Na imaxe tedes un enlace a dito podcast. Despois tamén elaboraron a receita na cociña. A empanada estaba riquísima.



A rapazada de 6º de Educación Primaria animouse a recitar uns anacos de poemas de Rosalía de Castro.