Ao longo destas semanas fixemos varias actividades relacionadas co Día do Libro.
Tivemos obradoiros sobre animais fantásticos durante o recreo. Tamén fixemos uns "Tres en raia" e uns marcapáxinas monstruosos.
A xouba Castelao agasallou a cada aula cun libro.
Realizamos "O amigo invisible" entre o profesorado.
Fixemos "Lecturas ao sol". Esta é a aula de 2º A.
Estreamos a actividade "Patrullas lectoras". Nesta actividade grupos voluntarios de 5° e 6° irán por varias aulas de infantil contarlles un conto e facer unha pequena actividade.
Aquí podemos ver a Marta e Uxía de 5° A que estiveron cos nenos e nenas de 3 anos. Nesta ocasión contaron " O paraugas de cebra". Ao rematar o conto os nenos tiveron decoraron o seu paraugas de cebra.
Tamén a Martina e Julia de 5º B que estiveron na aula de 4 anos A contándolles "Polo camiño". Ao rematar os nenos percorreron un labirinto. Os macacos da mona marcharon correndo e a mona tivo que ir buscalos.
Tamén realizamos a actividade de "As familias contan".
Aquí tedes ás familias das aulas de 5 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario