Páginas

30 abril 2025

VISITA DE AUTORES: JORGE CAMPOS

Hoxe tivemos a visita do ilustrador Jorge Campos, creador  de Capitán Lentella.

Nesta ocasión estivo cos nenos e nenas de 1° de E.P. 





ACTIVIDADES SEMANA DO LIBRO

 Ao longo destas semanas fixemos varias actividades relacionadas co Día do Libro.

Tivemos obradoiros sobre animais fantásticos durante o recreo. Tamén fixemos uns "Tres en raia" e uns marcapáxinas monstruosos.




A xouba Castelao agasallou a cada aula cun libro.



Realizamos "O amigo invisible" entre o profesorado.




Fixemos  "Lecturas ao sol". Esta é a aula de 2º A.



Estreamos a actividade "Patrullas lectoras". Nesta actividade grupos  voluntarios de 5° e 6° irán por varias aulas de infantil contarlles un conto e facer unha pequena actividade.

Aquí podemos ver a Marta e Uxía de 5° A que estiveron cos nenos e nenas de 3 anos. Nesta ocasión contaron " O paraugas de cebra". Ao rematar o conto os nenos tiveron  decoraron o seu paraugas de cebra.

Tamén a Martina e Julia de 5º B que estiveron na aula de 4 anos A contándolles "Polo camiño". Ao rematar os nenos percorreron un labirinto. Os macacos da mona marcharon correndo e a mona tivo que ir buscalos.



Tamén realizamos a actividade de "As familias contan".
Aquí tedes ás familias das aulas de 5 anos.













27 abril 2025

PROXECTO: PINTANDO O PATIO

 Durante este mes de abril pintamos un mural coa axuda dos nosos amigos  da Asociación Ámbar.




25 abril 2025

COMEZAMOS A USAR A RADIO

 Os rapaces e rapazas de 6° comezaron a usar a radio escolar  este trimestre.




14 abril 2025

11 abril 2025

PROXECTO: ABRIGO E ACUBILLO

Esta semana membros do proxecto "Abrigo e acubillo" estiveron no centro falando coa rapazada de 4º de E.P. Aquí tedes un documento con información sobre o proxecto.






Aquí podedes ver unha mostra dos debuxos que estamos elaborando no centro para confeccionar a manta.


LECTURA E FAMILIAS

 Esta semana os alumnos e alumnas  de 1° e 2° desfrutaron xunto coas súa familias dun obradoiro de creación de cabezudos. Esta actividade forma parte das actividades do programa Lectura e familias.





03 abril 2025

CONTACONTOS

 Hoxe os rapaces e rapazas de 3° de E.P. tiveron un contacontos titulado "Rachando co guión". Rachando co guión. 

Nenos e nenas representaron con monicreques diferentes situacións da vida diaria, onde existía algún tipo de machismo ou micromachismo e logo reflexión e charla.



Este contacontos foi ofertado por Consorcio Editorial.

02 abril 2025

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Hoxe, 2 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil