Páginas

01 marzo 2015

Flores a Rosalía.

O venres celebramos a homenaxe a Rosalía. Levabamos toda a semana traballando nas aulas sobre a súa vida e a súa obra .Unha das propostas era elaborar Flores a Rosalía. A maioría das clases sumáronse a esta proposta e así o venres saíron moitísimas flores da man dos nenos con este poema de Rosalía.Unha mágoa que non puidemos sacar fotos de todos os nenos e nenas!


Dinche o corazón na man
Dinche o corazón na man
Dincho queridiña enteiro
Coa primeiriña esperanza
Co pensamento primeiro.

Dincho cal neno que nase
De ilusións brancas cuberto
Caraveliño cerrado
Ao teu calor dulce aberto.

En solitarios herbales
Era rosiña escondida
Solo para ti prantada
Para ti solo nacida.

E como frol sensitiva
Baixo outra man se pregaba,
E sólo onde ti vivía
E de ti lonxe muchaba.

Queremos lembrar a importancia que Rosalía ten para a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa identidade.
Aínda temos pendente os recitados, rapeados a Rosalía. Estes celebraranse ao longo desta semana.

3 comentarios:

  1. As rapazas de 6ºA17 de marzo de 2015, 17:37

    ¡Presiosas!

    ResponderEliminar
  2. Un pregunta como se pode xogar en chorima rianxo por que meu fillo non pode dimito espero a resposta un saudo

    ResponderEliminar