Leandro e os números de Rocío Peréz Castro e Lidia Brea Pedreira.
Fixemos dúas sesións. Unha primeira coas clases de 1º e 2º e outra coas clases de catro e cinco anos de infantil.
Os nenos e nenas puideron escoitar a Rocío contar o seu conto e despois traballaron con ela sobre os números que aprendeu Leandro e ata cantaron unha canción. Deixounos unhas fichas dos números que levaron para as aulas para colorealas.
Tivemos a sorte de saber de Rocío e do seu Leandro porque a maleta xa estivera antes no colexio Brea Segade de Taragoña. Decidimos convidala ao cole e Rocío aceptou vir para ter este fabuloso encontro. Os nenos e nenas de primeiro elaboraron este monstriño con unha tarxeta de agradecemento e Rocío deixounos esta dedicatoria no noso libro de visitas.
Moitas grazas Rocio por estar con nós e presentarnos o teu libro! Gustounos moito a túa visita e o teu libro. Esperamos que non tardes en voltar con outro libro!
Dentro de pouco o libro de Leandro xa estará en préstamo.
Amin encantame leer libros
ResponderEliminarAmin encantame leer libros
ResponderEliminarA min encantame leer libros
ResponderEliminar