Páginas

19 enero 2014

Recomendamos A orquestra de Clara.

Quen me dera que a música guiase o mundo era o desexo/soño da nena protagonista de A orquestra de Clara, unha novela que Tambre publica na colección Ala Delta e que a súa autora, Elisa Ramón, dirixe aos primeiros lectores.

Convencida das propiedades terapéuticas da música, a rapaza, que xa practicamente vivira dende o nacemento entre instrumentos e partituras, empéñase en refuxiarse na arte de combinar os sons de acordo coas leis da melodía, harmonía e ritmo e canalizar así a súa tristeza, cando o Ministerio da Guerra lle solicita que se incorpore a filas, os seus medos, cando se ve preto do campo de batalla ou mesmo o seu desacordo co que está facendo.

Entre cancións e interpretacións discorre a historia que bebe da realidade os personaxes e a arte musical.

Na procura dun mundo (máis) xusto para todos hai que tentar sementar paz alí onde parece que todo é destrución, entoar unha melodía onde todo é ruído e facer, coma no conto, que os demais sigan o exemplo e se rebelen contra as inxustizas, a guerra, a agresión e a opresión. Oxalá que, coma no conto, alguén entoase unha cancón e todos foramos capaces de abandonar malosentendidos, sensabores e disgustos e acollérmonos os sons melódicos e harmoniosos da paz e da ausencia de conflito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario