Páginas

19 enero 2014

Música de cores

http://programaeducativo.ayudaenaccion.org/files/2013/11/Bloque-MUSICA-DE-CORES-GAL.pdfMúsica de cores é a proposta que fai Axuda en Acción para traballar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, que se celebrará o próximo 30 de xaneiro. O material pretende unir a toda a Comunidade Educativa (docentes, alumnado, persoal non docente e familias) a través dunha reflexión sobre as barreiras que nós mesmos levantamos para protexernos do medo, e que provocan aínda máis medo e intolerancia. Ademais esta actividade ten como obxectivo infundir no alumnado a necesidade de comprender o por que das cousas e buscar formas de vencer eses medos en vez de evitalos, así como construír un mundo máis xusto mediante a promoción do diálogo. 
Preme aquí para acceder aos materiais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario