Páginas

30 enero 2014

29 enero 2014

Acto pola Paz.

Nos corredores do cole hai colocados dous trens cheos de Dereitos dos Nenos elaborados entre todas as clases. 
Esta é só a locomotora!
Mañá xuntarémonos todos para  ver os vagóns e logo cantar a canción Es Tiempo de Cambiar de Juanes.

Traballo de investigación: Nelson Mandela.

Temos na biblioteca exposto un traballo de investigación a cerca da figura de Nelson Mandela elaborada por algúns alumnos e alumnas da clase de 6º C.
Hai que seguir a información no sentido das agullas do reloxo para coñercer un pouco mellor a figura de Nelson Mandela.
Tamén unha selección de premiados co Premios Nobel da Paz.

Contacontos A bomba da Felicidade.

Hoxe tivemos un contacontos pola Paz. Carmela contounos :A bomba da Felicidade. Unha adaptación dun conto Da Galiña Azul de Carlos Casares. 


Día da Ilustración

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incluíu por primeira vez, no calendario da lectura de 2014, a celebración do Día da Ilustración en Galicia, coincidindo coa data de nacemento de Castelao, e celebrando así unha das facetas desta importante figura da historia e da cultura galega. E a estrea é de luxo pois vén acompañada dun cartel deseñado por Miguelanxo Prado, un dos máximos representantes do mundo da ilustración galega. 

Algunhas clases do cole tamén están facendo algún traballiño relacionado con Castelao como ilustrador. Xa vos manteremos informados.

28 enero 2014

Kiriku y la bruja


Caderno de actividades de escritura sobre a película.

Os segundos e cuartos estiveron vendo estes días esta fermosa película con motivo da semana de Paz.

Máis recursos para a Paz.

                                      Recursos paz

27 enero 2014

Coñecendo a Castelao ilustrador

Dentro dos actos Castelao programados polo Concello de Rianxo o segundo e terceiro ciclo asisteu ao Auditorio para coñecer un pouquiño mellor a figura de Castelao.
Un membro da Fundación que leva o seu nome, deunos unha charla sobre o súa figura facendo fincapé na ilustración. 
Descubreu algunhas anécdotas simpáticas daqueles tempos. 

25 enero 2014

Anímate e ven a biblioteca.

Unha vez máis volvemos a colaborar os equipos do cole para programar unha semana de Contacontos ou curtas relacionadas coa paz, os dereitos, a igualdade....

Máis recursos para a Paz

Contos e actividades para Educación Infantil:
O soño de Lolo fala das diferencias.
         La paloma Mari Paz
Vídeos:
                                      Recursos paz

24 enero 2014

"Bujero" ou "agujero".....????

Mira o vídeo e atoparás o remedio as túas dúbidas.

Festival de Nadal Infantil

Chega o vídeo desas fantásticas actuacións do Nadal dende tres a cinco anos.

23 enero 2014

Nelson Mandela

Dende a Biblioteca do CEIP Andrade chéganos un prezi, cunha adaptación e tradución ao galego do libro "Me llamo... Nelson Mandela"da editorial Parramón.
Pincha aquí para ver a presentación. Tarda un pouco en cargar.

 O libro El autobús de Rosa para coñecer un pouco mellor o tema do Apartheid.

Un cuestionario on line sobre a figura de Nelson Mandela.

22 enero 2014

Coñecendo a Cela

Os cursos que rematan ciclo están coñecendo a figura de Cela, Don Camilo ou como lle chamaban súas tías e nai Camiliño Josesiño.
Dous encargados da Fundación Camilo José Cela desenvolven a actividade.
Os cursos de segundo tiveron unha actividade titulada: 
A casa das Letras.
Onde a parte de coñecer a CJC, elaboraron un conto a partires da extracción das letras dunha casa e logo ilustránonno e contáronno.

Para os de cuarto a actividade é diferente . Títulase entrevista a un premio Nobel e nesta primeira sesión están aprendendo a formular as preguntas como verdadeiros reporteiros. Ata gañaron un carnet de xornalista para poder asistir á seguinte sesión, onde entrevistarán a un personaxe misterioso.
Quen será?

A nosa selección de libros da paz.

Estes son libros para facer usos durante estes días na biblioteca ou levalos os mestres e mestras a aula e logo volver colocalos na exposición.

Durante esta semana, estes libros  non se emprestarán, para levar as casas.

Grazas!

A nosa porta volve a falar.

Recórdanos datas importantes do mes de Xaneiro como son: 
O nacemento e morte de ADR Castelao.
O nacemento de Wolfgang Amadeus Mozart.
30 de Xaneiro día escolar da Paz e non Violencia.

A Bomba da Felicidade.

Un libro de Carlos Casares co que miles de nenos e persoas maiores se introduciron na literatura infantil na nosa lingua. Publicado por primeira vez en 1968, neste libro o narrador vai recordando para unha nena amiga, Ana, algúns episodios vividos por ela na infancia, entre os que destacan as historias de Leoncio, o inventor da bomba da Felicidade e do "papaio", unha lingua para falar cos paxaros. 

Os nenos e nenas de 2º A elaboraron a súa adaptación deste conto con motivo do día da Paz.


Para a semana que vén tamén o contarán na biblioteca.                                       
Agardámosvos!



21 enero 2014

Máis recursos para a Paz


Achegámonos a unha nova edición do Día Escolar da Non violencia e a Paz , en coincidencia co aniversario da morte violenta de Mahatma Gandhi, un 30 de Xaneiro de 1948.

Construtores de Paz. Unicef.
Día de la Paz. Consejería de Educación Junta de Castilla y León.



Que é iso da paz? dende o CEIP de Ponzos (Ferrol)

20 enero 2014

O nacemento do dragón.

Esta obra  conta a orixe desta criatura mítica, creada en tempos inmemorias polos nenos e nenas das diversas tribos chinesas como animal da Paz.

19 enero 2014

Recomendamos A orquestra de Clara.

Quen me dera que a música guiase o mundo era o desexo/soño da nena protagonista de A orquestra de Clara, unha novela que Tambre publica na colección Ala Delta e que a súa autora, Elisa Ramón, dirixe aos primeiros lectores.

Convencida das propiedades terapéuticas da música, a rapaza, que xa practicamente vivira dende o nacemento entre instrumentos e partituras, empéñase en refuxiarse na arte de combinar os sons de acordo coas leis da melodía, harmonía e ritmo e canalizar así a súa tristeza, cando o Ministerio da Guerra lle solicita que se incorpore a filas, os seus medos, cando se ve preto do campo de batalla ou mesmo o seu desacordo co que está facendo.

Entre cancións e interpretacións discorre a historia que bebe da realidade os personaxes e a arte musical.

Na procura dun mundo (máis) xusto para todos hai que tentar sementar paz alí onde parece que todo é destrución, entoar unha melodía onde todo é ruído e facer, coma no conto, que os demais sigan o exemplo e se rebelen contra as inxustizas, a guerra, a agresión e a opresión. Oxalá que, coma no conto, alguén entoase unha cancón e todos foramos capaces de abandonar malosentendidos, sensabores e disgustos e acollérmonos os sons melódicos e harmoniosos da paz e da ausencia de conflito.

Música de cores

http://programaeducativo.ayudaenaccion.org/files/2013/11/Bloque-MUSICA-DE-CORES-GAL.pdfMúsica de cores é a proposta que fai Axuda en Acción para traballar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, que se celebrará o próximo 30 de xaneiro. O material pretende unir a toda a Comunidade Educativa (docentes, alumnado, persoal non docente e familias) a través dunha reflexión sobre as barreiras que nós mesmos levantamos para protexernos do medo, e que provocan aínda máis medo e intolerancia. Ademais esta actividade ten como obxectivo infundir no alumnado a necesidade de comprender o por que das cousas e buscar formas de vencer eses medos en vez de evitalos, así como construír un mundo máis xusto mediante a promoción do diálogo. 
Preme aquí para acceder aos materiais.

Un conto para a Paz. Marce o carteiro.

Dende a Biblioteca do CEIP Milladoiro de Malpica 
 chéganos este conto tan dulce para a PAZ.
Marce, o carteiro from bemilladoiro on Vimeo.

18 enero 2014

ES TIEMPO DE CAMBIAR.

Esta é a canción que cantaremos todos xuntos o día 30. 
Es tiempo de cambiar.It´s time to change de Juanes.

Xa podedes ir practicando!
Letra da canción impresa.

17 enero 2014

FALEMOS DE PAZ



Varios poemas de escritores e escritoras galegas cunha temática común: "A Paz".
Os mesmos poemas pero para traballar nas clases. Falemos de Paz.

Nelson Mandela

Achegándonos ao día da Paz e non Violencia gustaríanos que coñecesedes mellor a figura de Nelson Mandela. Premio Nobel da Paz.
A morte e algo inevitable cando un home fixo todo o que creía necesario polo seu pobo e país pode descansar en paz creo que eu cumprín ese deber, e por iso descansarei na eternidade.
Caza do tesouro sobre Mandela.

Documental sobre a súa vida.




Coñece a Mandela.


16 enero 2014

Castelao

Neste mes de Xaneiro , coinciden dúas datas importantes. Por unha banda o nacemento de ADR Castelao o 30 de xaneiro  e pola outra a súa morte o 7 de xaneiro. 
Xoga e descubre Castelao. 

15 enero 2014

Tempo de acivros tempo de libros.

Para os que non puideron asistir, aínda que con retraso, chega o video do que foi a presentación das recomendacións lectoras das bibliotecas do concello de Rianxo.
Tempo de acivros .Tempo de libros.

Pesadilla antes de Navidad

Algunhas actividades para realizar despois de ver a película. 

03 enero 2014

Itinerario Lector

Unhas actividades para traballar co libro: 
Cando a Terra esqueceu xirar de Fina Casalderrey 
incluído no itinerario lector  do primeiro ciclo.