Hoxe no auditorio realizamos o Festival das Letras. Neste festival quixemos homenaxear a diferentes autores da nosa cultura.
Recitáronse os poemas de Xosé Mª Díaz Castro: Penélope e Esmeralda.
Dos libros:
Recendos de Aire Sonoro e Queda la música recitáronse poemas que falaban de : frautas, trompas, tubas, trompetas, guitarras, gaitas, pianos,clarinetes,violonchelos, saxos, contrabaixos,oboes, timbais e pandeiretas. Os nenos/as tocaron pezas de estes instrumentos.
de Antonio Teijeiro
Non podían faltar poemas musicais dos rianxeiros: Brea Segade e Faustino Rei Romero.
Rematamos cantando todos xuntos a Rianxeira.
Contamos coa colaboración dos alumnos/as da escola de música de Rianxo, outro doutra escola de música, do grupo de música tradicional A Restreva, do pianista da escola de Música de Rianxo Iago e dalgúns mestres na parte musical.
Doutros nenos/as para recitar, presentar, explicar..
Grazas a todos por compartir estes momentos de música e letras!
Grazas a tódolos músicos que nos acompañaron!
Grazas aos pais e nais por colaborar levando os instrumentos!
A música e a poesía viaxaron collidos da man!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Hola eu recitin pero creo q todos os demais o fixeron de...
MARAVILLA¡¡
Enoraboa¡¡
Eu fun unha das presentadoras e estiven moy nerviosa pero o final todo saleo moi ben
TODOS O FIXERON FENOMENAL!!!!!!!
Publicar un comentario