O luns , como é tradición no centro, tódalas aulas recibiron un libro como agasallo da Xouba Castelao polo Día do Libro.
Rapaces de 4º A co seu agasallo.
Tamén fixemos o xogo do Amigo Invisible entre o profesorado con libros novos e usados.
Os nenos e nenas de Infantil, 1º, 2º e 3º desfrutaron dun contacontos da man de Xanela do Maxín, ofertada polo Consorcio Editorial Galego.
Tivemos Xoves Conto no recreo na biblioteca a cargo de Gabriela, Alexia e Carla, de 6º A, que contaron O pirata pata de lata.
O venres Valeria, Julia Suárez, Alba e Sabela contáronlle un conto aos nenos e nenas das aulas de 4 anos.
Todos desfrutaron moitísimo!
🥰
ResponderEliminar